Diferenzas entre revisións de «Enrique Hervada»

m
+ imaxes
m (Xas moveu a páxina "Enrique Hervada García-Sampedro" a "Enrique Hervada": Nome máis coñecido)
m (+ imaxes)
[[File:Homenaje al Dr. Enrique Hervada García-Sampedro.001 - La Coruña.JPG|miniatura|250px|Monumento ao Doutor Hervada nos Xardíns de Méndez Núñez.]]
'''Enrique Hervada García-Sampedro''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1883]] e finado en [[1953]], foi un médico galego.
 
==Traxectoria==
Estudou Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]], e fixo a licenciatura (1905) e o doutoramento (1906) en Madrid. Foi profesor axudante da Facultade de Medicina de Santiago e ampliou estudios en [[París]]. En 1910 abriu consulta na Coruña. Médico moi coñecido, participou nunha sociedade asistencial, e traballou para que a xente sen recursos tivera asistencia. Atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza. Exerceu de profesor da Universidad Popular de La Coruña. Foi membro de varias sociedades científicas e presidente do Círculo de Artesáns. Colaborou en ''[[La Calle]]'' e publicou máis dun cento de traballos médicos.
 
==Recoñecementos==
[[File:Doctor Enrique Hervada.001 - La Coruña.JPG|miniatura|150px|Placa da rúa.]]
*O Concello dedicoulle unha rúa no barrio de Catro Camiños e hai un monumento nos [[Xardíns de Méndez Núñez]] que o lembra.
 
==Véxase tamén==
98.122

edicións