Bosnia e Hercegovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "BiHParliament.jpg" por "Greece–Bosnia_and_Herzegovina_Friendship_Building.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:...
Liña 94:
O seguinte nivel de subdivisión política de Bosnia e Hercegovina son os cantóns, aínda que só se atopan na Federación de Bosnia e Hercegovina, sendo en total dez deles. Tódolos teñen o seu propio goberno cantonal, que está baixo a lei da Federación no seu conxunto. Algúns cantóns son étnicamente mixtos e teñen leis especiais aplicadas para garantir a igualdade de tódolos pobos que a compoñen.
 
[[Ficheiro: BiHParliamentGreece–Bosnia_and_Herzegovina_Friendship_Building.jpg|200px|miniatura|Edificio do Parlamento de Bosnia.]]
Despois do nivel dos cantóns están os concellos. A Federación de Bosnia e Hercegovina está dividida en setenta e catro municipios, e a República Serbia en sesenta e tres. Os municipios tamén teñen o seu propio goberno local, normalmente con sede na cidade máis importante do seu territorio. Como tal, moitos municipios teñen unha longa tradición e historia coas súas fronteiras actuais. Algúns outros, con todo, só foron creados como consecuencia da recente guerra despois de que algúns dos municipios tradicionais foran divididos durante as [[guerras iugoslavas]]. Ademais das entidades, os cantóns e as municipalidades, Bosnia e Hercegovina tamén ten catro cidades oficiais, [[Banja Luka]], [[Mostar]], [[Saraxevo]], e [[Saraxevo|Saraxevo Oriental]]. O territorio e o goberno das cidades de Banja Luka e Mostar corresponde aos municipios do mesmo nome, mentres que as cidades de Saraxevo e Saraxevo Oriental oficialmente constan de varios municipios.