Fibrinóxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 113:
| CDD =
}}
O '''fibrinóxeno''' (ou ''factor I'' de coagulación) é unha [[glicoproteína]] soluble do [[plasma solublesanguíneo|plasma]], sintetizada no [[fígado]], que se converte en [[fibrina]] pola acción da [[trombina]] durante a [[coagulación do sangue]].
 
Esta transformación ten lugar na cascada de coagulación que activa a [[protrombina]] (un [[cimóxeno]]) en [[trombina]] (unha [[serina protease]]), que é responsable de converter o fibrinóxeno en fibrina. A fibrina establece despois enlaces cruzados co [[factor XIII]] para formar o coágulo. O FXIIIa estabiliza a fibrina ademais pola incorporación dos inhibidores da [[fibrinólise]] alfa-2-antiplasmina e TAFI ([[inhibidor da fibrinólise activable pola trombina]]), e unindo diversas proteínas de adhesión de varias células. <ref name="Muszbek">{{cite journal | author = Muszbek L, Bagoly Z, Bereczky Z, Katona E | title = The involvement of blood coagulation factor XIII in fibrinolysis and thrombosis | journal = Cardiovascular & Hematological Agents in Medicinal Chemistry | volume = 6 | issue = 3 | pages = 190–205 | year = 2008 | month = July | pmid = 18673233 | doi = 10.2174/187152508784871990| url = | issn = }}</ref> Tanto a activación do factor XIII pola [[trombina]] coma o activador do plasminóxeno ([[t-PA]]) son catalizadas pola fibrina. <ref name="Muszbek"/> A fibrina únese especificamente aos factores de coagulación activados [[factor Xa]] e á trombina e atrápaos na rede de fibras, funcionando así como un inhibidor temporal destes encimas, que permanecen activos e poden liberarse durante a fibrinólise. <ref name="pmid12847561">{{cite journal | author = Kaiser B | title = DX-9065a, a direct inhibitor of factor Xa | journal = Cardiovascular Drug Reviews | volume = 21 | issue = 2 | pages = 91–104 | year = 2003 | pmid = 12847561 | doi = 10.1111/j.1527-3466.2003.tb00108.x| url = | issn = }}</ref> Investigacións recentes mostraron que a fibrina pode intervir na resposta inflamatoria e no desenvolvemento da [[artrite reumatoide]].<ref name="pmid21439056">{{cite journal | author = Gilliam BE | title = Evidence of Fibrinogen as a Target of Citrullination in IgM Rheumatoid Factor-Positive Polyarticular Juvenile Idiopathic Arthritis | journal = Pediatric Rheumatology | volume = 9 | issue = 8 | pages = xx–xx | year = 2011 | pmid = 21439056 | doi = 10.1186/1546-0096-9-8| url = http://www.ped-rheum.com/content/9/1/8| issn = 1546-0096 | last2 = Reed | first2 = Melinda R | last3 = Chauhan | first3 = Anil K | last4 = Dehlendorf | first4 = Amanda B | last5 = Moore | first5 = Terry L | pmc = 3071779 }}</ref>
 
== Fisioloxía ==
O fibrinóxeno é a principal proteína da coagulación do sangue nos vertebrados. É unha [[glicoproteína]] de 340 [[Dalton (unidade)|kDa]] sintetizada no [[fígado]] polos [[hepatocito]]s. A súa concentración no [[plasma sanguíneo]] é de 1,5-4,0 g/L (normalmente medido usando o [[método de Clauss]]) ou arredor de 7 [[mol|µM]]. Na súa forma natural, o fibrinóxeno pode formar pontes entre as [[plaqueta]]s, uníndose ás súas [[proteína]]s da superficie da membrana [[GpIIb]]/[[GpIIIa|IIIa]]; porén a súa principal función é a de ser precursor da fibrina.
 
O fibrinóxeno é un [[hexámero]] que contén dous conxuntos de tres cadeas distintas (α, β, e γ), unidas unhas a outras por [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]]. As seccións [[N-terminal|N-terminais]] destas tres cadeas conteñen as [[cisteína]]s que participan nos enlaces entre as cadeas. As rexións [[C-terminal|C-terminais]] das cadeas α, β e γ conteñen un dominio de aproximadamente 225 [[aminoácido]]s, que pode funcionar como unha unidade de recoñecemento molecular. No fibrinóxeno igual que na [[anxiopoietina]], este dominio está implicado en interaccións proteína-proteína. Nas [[lectina]]s, como nas [[ficolina]]s de [[mamífero]]s e na [[taquilectina 5A]] de invertebrados, o dominio C-terminal do fibrinóxeno únese a [[carbohidrato]]s. Nas cadeas α e β do fibrinóxeno hai unha pequena secuencia [[péptido|peptídica]] (chamada [[fibrinopéptido]]). Estes pequenos péptidos son os que impiden que o fibrinóxeno forme espontaneamente [[polímero]]s consigo mesmo. <ref>[http://www.expasy.org/prosite/PDOC00445 PDOC00445] Fibrinogen C-terminal domain in [[PROSITE]]</ref>