Organización Europea para a Investigación Nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sernostri (conversa | contribucións)
siglas e acrónimos non sempre se adaptan aínda que se traduza o organismo, no caso do CERN é amplamente utilizado en galego (como SPD, CDU e moitos outros)
Liña 3:
{{legend|#006BA8|Membros fundadores}}
{{legend|#7BA800|Membros que se integraron máis tarde ao CERN}}]]
O '''Consello Europeo para a Investigación Nuclear, CEIN''' ('''CERN'''[[lingua francesa|francés]]: ''Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire, CERN'') é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en [[física de partículas]] a nivel mundial, entre [[Francia]] e [[Suíza]]. Ben coñecida pola súa sigla en francés (CERN, de ''Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire''), este era o nome oficial provisionalmente cando se conveniaba a súa creación en 1952. Coa súa fundación oficial en 1954 o nome mudouse a ''Organisation Européenne pour la Recherche Nucléaire'', aínda que segue a ser coñecido coa sigla inicial CERN.
 
== Historia ==
Fundado en [[1954]] por 12 países [[Europa|europeos]], o CEINCERN é, hoxe en día, un modelo de colaboración científica internacional e un dos centros de investigación máis importantes do mundo. Actualmente conta con 20 estados membros, os cales comparten o financiamento e a toma de decisións da organización. Á parte destes, outros 28 países non membros participan con científicos de 220 institutos e universidades en proxectos co CERN, utilizando as instalacións. Destes estados non membros, oito estados e organizacións teñen a calidade de observadores, participando nas reunións do consello.
 
O primeiro grande éxito científico do CEINCERN produciuse no [[1984]] cando [[Carlo Rubbia]] e [[Simon van der Meer]] obtiveron o [[Premio Nobel de Física]] polo descubrimento dos [[bosón]]s W e Z. No [[1992]] tocoulle o turno a [[Georges Charpak]] "pola invención e o desenvolvemento de [[detectores de partículas]], en particular a cámara proporcional multifíos".
 
== Funcionamento ==
Liña 14:
O CERN atópase en [[Suíza]], preto de [[Xenebra, Suíza|Xenebra]], e próximo á fronteira con [[Francia]]. Conta cunha serie de [[acelerador de partículas|aceleradores de partículas]] entre os que destaca o, xa desmantelado, [[LEP]] (''Large Electron-Positron Collider'', Gran Colisor [[Electrón]]-[[Positrón]]). Actualmente no seu lugar estase a construír o [[LHC]] (''Large Hadron Collider'', Gran Colisor de [[Hadrón]]s), un acelerador [[protón]]-[[protón]] que operará a maior [[enerxía]] e [[luminosidade]] (produciranse máis colisións por segundo) de 27 [[quilómetro|km]] de circunferencia e que constitúe a máquina máis grande xamais construída. Agárdase que este incremento en enerxía e luminosidade permita descubrir o esquivo [[bosón de Higgs]], así como confirmar ou desestimar teorías de partículas como as teorías supersimétricas ou as teorías de tecnicolor. Porase en funcionamento o [[10 de setembro]] de [[2008]].
 
O éxito do CEINCERN non é só a súa capacidade para producir resultados científicos de grande interese, senón tamén o desenvolvemento de novas tecnoloxías tanto informáticas como industriais. Entre os primeiros destaca en [[1990]] a invención da [[WWW]] polos científicos [[Tim Berners-Lee]] e [[Robert Cailliau]], mais débese evitar esquecer o desenvolvemento e mantemento de importantes bibliotecas matemáticas ([[CERNLIB]]) usadas durante moitos anos na maioría de centros científicos, ou tamén sistemas de almacenamento masivo (o [[LHC]] almacenará un volume de datos da orde de varios [[petabyte|PB (petabytes)]] cada ano). Entre os segundos podemos citar imáns de 9 [[Tesla (unidade)|T]] en varios [[metro]]s, detectores de grande precisión, imáns supercondutores de grande uniformidade ao longo de varios quilómetros, etc.
 
Os países e organizacións observadoras son a [[Comisión Europea]] (institución da [[Unión Europea]]), [[India]], [[Israel]], [[Xapón]], [[Rusia]], [[Turquía]], a [[Unesco]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. A lista de países non membros involucrados en programas do CEINCERN complétana [[Acerbaixán]], [[Alxeria]], [[Arxentina]], [[Armenia]], [[Australia]], [[Bielorrusia]], [[Brasil]], [[Canadá]], [[Colombia]], [[República Popular de China]], [[Croacia]], [[Chipre]], [[Estonia]], [[Xeorxia]], [[Islandia]], [[Irán]], [[Irlanda]], [[México]], [[Marrocos]], [[Paquistán]], [[Perú]], [[Romanía]], [[Serbia]], [[Eslovenia]], [[Sudáfrica]], [[Corea do Sur]], [[Taiwán]] e [[Ucraína]].
 
== Véxase tamén ==