Ensalada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Pratos mediante HotCat
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 8:
* Os ingredientes complementarios (optativos).
 
A base da ensalada é xeralmente unha man de vexetais de follas verdes como as diversas variedades de [[leituga]], [[col]], [[herba dos cóengos]], [[rúculaeiruga (planta)|eiruga]], [[Agrón (planta)|agrón]], [[espinaca]]s, [[endivia]]s e outros vexetais. Esta combinación básica pode complementarse con máis ingredientes como o [[atún]] en [[conserva]], a [[cenoria]], o [[ovo (alimento)|ovo]] duro, os [[espárrago]]s etc. Unha ensalada admite como ingredientes complementarios practicamente de todo: carne, peixe, [[legume]]s, [[queixo]]s, froitas, [[millo doce]], [[arroz]], pastas, [[Noz (froito da nogueira)|noces]], [[abelá]]s, [[Piñón (semente)|piñón]]s, [[améndoa]]s etc. As máis modernas tamén admiten froitas como o [[ananás]], a [[mazá]], a [[pera]], [[froitos do bosque]], etc. Aínda que a maioría das ensaladas se toman frías, tamén hai modalidades con ingredientes mornos ou quentes. A [[vinagreta]] (aceite, vinagre e sal) pode suplirse por outros mollos como o limón, a [[maionesa]], a salsa rosa etc.
 
Tamén se chaman ensaladas a outras combinacións baseadas nun vexetal (cocido ou cru) que se toma frío e sazonado cun mollo de aceite e vinagre (ou variantes) combinado con outros ingredientes (como xa se indicou). Deste xeito, fanse as ensaladas de [[pataca]], [[feixón]]s, tomate etc.