Camilo Lorenzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
En 1972 comezou a traballar como docente no seminario menor de Ourense, cargo que mantivo até [[1995]]. Tamén en 1972 comezou como vigario da parroquia da Nosa Señora de Fátima de Ourense. En [[1983]] foi nomeado reitor do seminario menor de Ourense, e en [[1992]] pasou a ser reitor do seminario maior da cidade, amais de membro do Colexio de Consultores da [[Diocese de Ourense]].
 
O [[14 de xuño]] de [[1995]] o papa [[Xoán Paulo II]] nomeouno bispo da [[diocese de Astorga]], recibindo o [[Sacramento da Orde]] a mans de monseñor [[Mario Tagliaferri]] (por entón [[Nuncio Apostólico en España]]), con [[Gabino Díaz Merchán]] (entón [[Arquidiocese de Oviedo|Arcebispo de Oviedo]]) e [[JoséXosé Diéguez Reboredo]] (por entón bispo de Ourense) como co-consagrantes da cerimonia de toma de posesión. Sucedeu no cargo de bispo a [[Antonio Briva Miravent]].
 
En [[1996]] pasou a ser membro da [[Conferencia Episcopal Española]], pertencendo á Comisión Episcopal de Seminarios e Universidades até [[2008]]. Amais, desde o [[2005]] é membro da Comisión de Misión.