Diferenzas entre revisións de «Estremadura»

lig int
(lig int)
 
=== [[Fala de Estremadura|A fala]] ===
[[Fala de Estremadura|A fala]] é un dialecto galaico-portugués con claras influencias do astur-leonés que se emprega en tres vales do noroeste cacereño (España) limítrofe con Portugal e Salamanca. Calcúlanse uns 6.000 falantes. É unha variedade lingüística romance, [[Lindley Cintra]], [[Xosé Henrique Costas]] estableceron que tiña unha orixe galega popularizando este último a expresión galego de Estremadura, segundo Martín Galindo derivaría do portugués arcaico, portugués das Beiras <ref>"Portugués del antiguo dialecto alto-beirão de Riba-Coa", segundo J. L. Martín Galindo, "Os falaris do Val de Xálima: o manhegu, o valverdeiru i o lagarteiru", Universo Extremeño, 1, 2006, p. 42</ref>. Fálase en [[Valverde do Fresno]], [[As Ellas]] e [[San Martín de Trebello - Sa Martín de Trevellu|San MartínMartiño de Trebello]] dando lugar ó Valverdeiro, Lagarteiro e Mañego respectivamente.
 
A comarca foi repoboada por galegos nos séculos XII e XIII. A súa fala deriva da lingua galega que falaban estes colonizadores. Recentemente foi recoñecido como BIC (Ben de Interese Cultural) pola Xunta de Estremadura co fin de protexela e conservala.