Neotrobadorismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 8:
 
==Historia e características==
Aínda que é certo que algúns analistas da historia da literatura galega sitúan o neotrobadorismo entre os movementos de [[vangarda]], o certo é quenaque na opinión doutros autores -tal é o caso de Xosé Ramón Pena- só nunha pequena medida é posíbel manter este posicionamento, de acordo cos textos que se poden incluír nesta tendencia. Así, acontece que os primeiros textos neotrobadorescos xorden como un simple afán de recreación da lírica medieval galego-portuguesa -mellor dito, de certos elementos dese lirismo- ou aínda como unha homenaxe a ese pasado excepcional na historia cultural de [[Galiza]].
 
Foi xa no contexto das vangardas históricas cando algún autor concreto, tal é o caso de [[Álvaro Cunqueiro]], incorporou elementos do lirismo medieval co afán de construír textos vangardistas. Neste sentido, o neotrobadorismo cunqueiriano participa na mesma dirección e perspectivas que o neopopularismo presente nas páxinas, por exemplo, dos autores españois da [[Xeración do 27]]; é dicir, na loita por crear unha linguaxe nova, bótase man de recursos populares ou popularizantes e aínda desoutra tradición medieval -ao cabo, tamén se pensaba que as cantigas de amigo representaban unha "popularización" do mundo trobadoresco- en axuda desa procura. Así abrollan, daquela, os textos de ''Cantiga nova que se chama ribeira'' que conforman un "netrobadorismo vangardista".