Surrealismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Chirico_Osaka01s3200.jpg" que foi borrado en Commons por Fastily. Motivo: commons:Commons:Deletion requests/File:Chirico Osaka01s3200.jpg
lig int
Liña 32:
A partir de [[1925]], a raíz do estourido da [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]], o surrealismo politízase; prodúcense entón os primeiros contactos cos [[comunismo|comunistas]], que culminarían en 1925 coa adhesión ó Partido Comunista por parte de Breton.
 
Entre 1925 e 1930 aparece un novo periódico titulado ''O Surrealismo ó servizo da Revolución'' en cuxo primeiro número Aragón, [[Luis Buñuel|Buñuel]], [[Salvador Dalí|Dalí]], Elouard[[Paul Éluard]], [[Max Ernst]], [[Yves Tanguy]] e Triztan Tzara, entre outros, se declaran partidarios de Breton. Pola súa parte Arp e [[Joan Miró|Miró]], aínda que non compartían a decisión política tomada por Breton, continuaban participando con interese na exposicións surrealistas. Pouco despois se incorporaron [[René Magritte|Magritte]] ([[1930]]), [[André Masson|Masson]] ([[1931]]), Giacometti e Brauner en [[1933]] e tamén [[Roberto Matta|Matta]] (que coñece a Breton en [[1937]] por mediación de Dalí) e [[Wilfredo Lam|Lam]]; o movemento fíxose internacional aparecendo grupos surrealistas nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Dinamarca]], [[Londres]], [[Checoslovaquia]] e [[Xapón]]. Dende este momento, abrirase unha disputa, a miúdo agre, entre aqueles surrealistas que conciben o surrealismo como un movemento puramente artístico, rexeitando a supeditación ó comunismo, e os que acompañan a Breton no seu xiro á esquerda.
 
En [[1929]] Breton publica o ''Segundo Manifesto Surrealista'', no cal condena entre outros intelectuais ós artistas Masson e Picabia. En [[1936]] expulsa a Dalí polas súas tendencias fascistas e a [[Paul Éluard]]. En [[1938]] Breton firma en [[México]] xunto con [[Lev Trotski]] e [[Diego Rivera]] o ''Manifesto por unha Arte Revolucionaria Independente''.