Diferenzas entre revisións de «Martiño Rivas»

engado cat
(engado cat)
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa carreira como actor sendo un neno, na serie de da [[TVG]] ''[[Mareas vivas]]''. Traballou nela de 1998 a 2000, nas temporadas primeira a terceira. En [[2004]] participou na rodaxe da [[curtametraxe]] ''Puzle'', de 24 minutos de duración. En 2005 tivo tamén un papel de reparto, como David, nas dúas temporadas de ''[[Maridos e mulleres]]'', de Zénit Televisión para [[TVG]]. Das teleseries de ámbito autonómico pasou a traballar en series estatais como ''[[SMS (serie de televisión)|SMS]]'', na cal sae en cinco episodios. Dende 2007 a 2010, fixo o papel de Marcos Novoa Pazos na serie ''[[El Internado]]'' de [[Antena 3]]. No 2008, fixo a súa primeira aparición no cine, no filme de [[José Luis Cuerda]] ''[[Os xirasois cegos]]'' xunto a [[Javier Cámara]] e [[Maribel Verdú]]. A súa interpretación valeulle un nomeamento ó [[Premio Goya ao mellor actor revelación]]. O ano seguinte, aparece na [[curtametraxe]] ''Universos'' xunto coa súa compañeira de ''El Internado'' [[Blanca Suárez]]. No 2011 fai o seu debut no teatro nacoa obra ''[[Drácula]]'', na que interpreta a [[Jonathan Harker]].
 
== Vida persoal ==
[[Categoría:Nados en 1985]]
[[Categoría:Modelos masculinos de Galicia]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela]]
259.928

edicións