Xoana de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Xoana de Avis''' ([[20 de marzo]] de [[1439]] — [[13 de xuño]] de [[1475]]), [[infanta de Portugal]] e [[raiña de Castela]], de [[1355]] ata a súa morte.
 
Xoana foi filla póstuma de [[Duarte de Portugal|Duarte I]], [[rei de Portugal]] ([[1391]]-[[1438]]) e da súa dona, a infanta [[Leonor de Aragón]]. Era neta materna de [[Fernando I de Aragón]] (fillo de [[Xoán I de Castela]] e de Leonor, infanta de Aragón) e da súa dona [[Urraca|Leonor Urraca de Castela]], señora de Alburquerque (neta do rei [[Pedro I de Portugal]] e de [[Inés de Castro]]) e paterna de [[Xoán I de Portugal]] (fillo de [[Pedro I de Portugal]] e de [[Teresa Lourenzo]] e de Dª [[Filipa de Lencaster]] (filla de [[Branca de Lencaster]] e de [[Xoán de Gante]], [[duque de Lencaster]] e neta de [[Eduardo III de Inglaterra]]). Descendía por parte da avoa materna e do avó paterno dos primeiros reis de Portugal, dos reis de Castela e de Aragón por parte do avó Fernando, e por parte da avoa Filipa dos primeiros reis Ingleses.
 
Cando naceu Xoana, o seu pai xa morrera da peste, e o seu irmán máis vello, [[Afonso V de Portugal|Afonso V]],xa ascendera ó trono con só 6 anos. Xoana foi criada pola súa nai, a raiña rexente Leonor, ata os seis anos, cando quedou orfa e pasou a ser coidada polo seu tío, o [[duque de Coimbra]] e rexente ata [[1449]].