Cambados, Cambados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Banjo (conversa | contribucións)
m inserto contido dende Lugares de Cambados
Liña 1:
{{atención|revisión de contido e formato}}{{links internos}}
 
'''Santa Mariña de Cambados''' é unha parroquia que se localiza no norte do concello de [[Cambados]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 6.407 habitantes (3.307 mulleres e 3.100 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 6.005 habitantes.
 
A parroquia de Santa Mariña toma nome da Igrexa de Santa Mariña, construcción románica tardía do século XII, parcialmente derruída tras un incendio no século XIX da que se conservan os imponentes arcos de pedra e a torre almeada. Esta igrexa está ó pé do Monte da Pastora, que alberga unha pequena hermida e un mirador con magníficas vistas sobre a Ría de Arousa e o casco urbano de Cambados.
 
Perfectamente visible dende o mirador atópase a Torre de San Sadurniño, construcción pertencente ó complexo defensivo de Compostela xunto coa Torre da Lanzada [[O Grove|(Concello de O Grove)]], e as Torres do Oeste [[Catoira|(Concello de Catoira)]]. Esta torre está edificada nun illote ó pé do barrio de San Tomé e atópase parcialmente derruída, mantendo en pé dous dos muros perimetrais que configuran unha esquina. O illote é accesible a pé mediante unha ponte de recente construcción.
 
No mesmo barrio de San Tomé, e mesmo en fronte ó porto homónimo, atópase o Pazo de Montesacro e a súa escalinata imperial. Hoxe en día o pazo é propiedade da Igrexa e realiza labores de asilo dos anciáns.
 
Saíndo do barrio de San Tomé camiño do centro urbán, podemos percorre-la rúa do Hospital, con construccións típicas e varios pazos. Neste percorrido atópanse dúas capelas.
 
Xa no centro urbán, temos diversas prazas, pazos e casas señoriais, ademáis da Igrexa parroquial de San Francisco e a rectoral contigua.
 
Avanzando cara o barrio de Fefiñáns atopámonos co conxunto do Pazo de Fefiñáns. Trátase dun enorme patio de armas de planta sensiblemente cadrada, delimitado no sur e leste polo Pazo de Fefiñáns e ó norte pola Igrexa de San Bieito, ambas construccións renacentistas do século XV-XVI.
 
{{Cambados}}
[[Category:Cambados]]