Dialecto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-estatus +status)
lig int
Liña 33:
[[Max Weinreich]] proporcionou esta definición: "Un idioma é un dialecto cun exército e unha armada". Así a todo, isto tamén leva a inconsistencias e controversias, dado que as fronteiras políticas non delimitan as liñas do uso da lingua nin da comprensibilidade. Dependendo das realidades e ideoloxías políticas, a clasificación das variedades da fala como dialectos ou idiomas e a súa relación con outras variedades da fala poden albergar controversias e os veredictos poden ser inconsistentes. O [[Lingua inglesa|inglés]] e o [[lingua serbocroata|serbocroata]] son un bo exemplo disto. Estes idiomas teñen dúas variedades principais: o inglés de Gran Bretaña e de Estados Unidos, por unha banda; e o [[lingua serbia|serbio]] e o [[lingua croata|croata]] por outra, xunto con outras variedades non tan faladas. Por razóns políticas, analizar estas variedades como "linguaxes" ou "dialectos" produce resultados inconsistentes: o inglés británico e o inglés americano, falados por grandes aliados políticos e militares, son considerados case universalmente como dialectos do inglés. Así a todo, os idiomas padrón de [[Serbia]] e [[Croacia]], cuxas diferenzas son comparables en número coas diferenzas entre o inglés británico e o inglés americano, son considerados por moitos lingüistas da rexión como idiomas diferenciados, en boa parte porque a relación entrambos países oscila da amizade á inimizade. (''Para máis información sobre o serbocroata, consúltese [[serbocroata|aquí]]'')
 
Abundan os exemplos paralelos a este. Os nacionalistas [[República de Macedonia - Република Македонија|macedonios]] consideran que o [[lingua macedonia|macedonio]] é un idioma e non un dialecto, aínda que resulta mutuamente intelixible co [[lingua búlgara|búlgaro]] e a miúdo é considerado un dialecto do búlgaro. No [[Líbano]], o partido político de dereitas e ultranacionalista [[Gardiáns dos Cedros]], que se opón aos lazos que unen o país co mundo [[Arabia|árabe]], estase mobilizando para que o "[[libanés]]" sexa considerado como unha lingua distinta do [[lingua árabe|árabe]], e non un simple dialecto, e ata pretende substituír a [[alfabeto árabe|escrita árabe]] por unha resurrección do antigo [[alfabeto fenicio]].
 
=== [[Lingüística histórica]] ===