Baía da Concha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
mSen resumo de edición
Liña 11:
 
== Paseo marítimo ==
[[Ficheiro:San Sebastian Palacio Miramar.JPG|220px|thumb|O [[Palacio de Miramar (Sande Sebastián)Donostia|Palacio de Miramar]] está situado no punto de separación entre as praias de Ondarreta e La Concha, en pleno centro do paseo que bordea a baía.]]
O paseo marítimo que bordea a baía da Concha está composto de varios tramos con nomes distintos. Comezando polo extremo oriental, nas saias do monte Urgull, o paseo recibe o nome de Paseo Nuevo. Tras el o paseo discorre polo pequeno porto pesqueiro da cidade, e posteriormente e á altura do edificio do Concello comeza o Paseo da Concha, probablemente o máis famoso de España. Ao longo deste paseo e ata o final da baía atópase a famosa varanda da Concha, deseñada por Juan Rafael Alday e instalada na década de 1910. No Paseo da Concha atópanse os elementos arquitectónicos e ornamentais máis destacados do paseo que bordea a baía: unhas características farolas situadas ao comezo da ramparampla de baixada á [[Praia de La Concha|praia da Concha]], dous grandes reloxos, os edificios do balneario da Perla e a Real Casa de Baños. Avanzando en sentido oeste alcánzase o Paseo de Miraconcha, que finaliza no [[Palacio de Miramar (Sande Sebastián)Donostia|Palacio Real de Miramar]]. O paseo recibe entre Miramar e o Peite do Vento o nome de Paseo de Ondarreta, xunto ao cal hai uns xardíns. O paseo marítimo ao bordo da baía finaliza, como se dixo, no conxunto escultórico de ''[[Peite do Vento]]'', deseñado polo escultor donostiarra [[Eduardo Chillida]].
 
[[Ficheiro:Panorama Donostia Kontxako.jpg|750px|thumb|center|Vista nocturna da baía da Concha.]]