Francisco Díaz-Fierros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: arranxiño
Liña 23:
Tamén realizou unha actividade [[Humanismo|humanista]], publicando traballos e guías sobre a natureza de Galicia, ou sobre a relación entre a natureza e as prácticas culturais.
Foi presidente da [[Sociedade Galega de Historia Natural]] entre [[1975]] e [[1980]], sendo ademais director da súa [[revista Braña]] (hoxe tristemente desaparecida), e tamén ocupou o cargo de presidente da Sección I (Física do Solo) da [[Sociedad Española de Ciencia del Suelo]] entre [[1988]] e [[1996]]. É presidente da xunta reitora do [[Seminario de Estudos Galegos]] e, desde [[1980]], membro do [[Consello da Cultura Galega]], primeiro como coordinador da Sección de [[Patrimonio Natural]] ([[1983]] - [[1998]]), a partir de [[1999]] coordinador da Sección de [[Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade]] e, desde xullo de [[2002]], vicepresidente primeiro desta institución. Desde o ano [[1999]] ocupa o cargo de director da Colección [[Historia Natural]] do [[Proxecto Galicia]], de Edicións [[Hércules de Edicións]].
 
É académico numerario da [[Real Academia de Farmacia]], Sección de Galicia, desde o ano [[2000]], e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Finalmente, desde o [[26 de setembro]] de [[2002]], é académico numerario da [[Real Academia Galega]].