Caravaggio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 28:
Á súa tráxica vida (matou un home nunha liorta en Roma en 1606 e pasou o resto da súa vida fuxindo) correspóndese cunha pintura de extrema tensión moral e relixiosa. As súas representacións relixiosas non son historia nin alegoría senón feitos cotiáns xa que Caravaggio buscaba a verdade na arte. O seu estilo caracterízase polas súas composicións unitarias, contrastes brutais de luz e sombra, atmosferas e personaxes reais que atraen ó espectador e fai que quede impresionado polo drama vivido en cada escena. O seu realismo exacérbase nas súas últimas obras, agrupando as figuras nunha zona do lenzo, batidas polos efectos da luz, creando un ambiente de desolación e traxedia.
 
A súa evolución estilística pode dividirse en dúas etapas: experimental (1590-1610), e etapa de madurez (1598-1610). Na primeira etapa plasma os fondos mais claros e luminosos, mentres que na segunda céntrase no [[Claroscuro|tenebrismo]] potenciando a teatralidade nas escenas.
 
== Galería de imaxes ==