Diferenzas entre revisións de «Aminoácido cetoxénico»

sen resumo de edición
O acetil-CoA é a molécula básica necesaria para producir corpos cetónicos (cetoxénese), como son o [[acetoacetil-CoA]], a [[acetona]] ou o [[beta-hidroxibutirato]] (este último non é tecnicamente un verdadeiro corpo cetónico segundo a [[nomenclatura da IUPAC]]). A maioría do acetil-CoA procede dos ácidos graxos, pero tamén se pode orixinar a partir de aminoácidos. Un exceso de corpos cetónicos orixina [[cetose]] e [[cetoacidose]].
 
A capacidade que teñen os aminoácidos cetoxénicos de formar corpos cetónicos ponse claramente de manifesto na [[diabetes|diabetes mellitus]] mal tratada, doenza na que se forman no fígado grande cantidade de corpos cetónicos, que proceden principalmente dos [[ácido graxo|ácidos graxos]], pero tamén, en parte, dos aminoácidos cetoxénicos <ref name="Lehninger"/>.
 
==Degradación dos aminoácidos cetoxénicos==
187.854

edicións