François Fillon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q101410
Sen resumo de edición
Liña 12:
 
== Traxectoria ==
Fillon naceu o [[4 de marzo]] de [[1954]] en [[Le Mans]], no [[Departamentos de Francia|departamento]] de [[Sarthe]], da [[Rexións de Francia|rexión]] dos [[País do Loira]]. Provén dunha familia acomodada e [[gaullismo|gaullista]]; o seu pai é [[notario]], e a súa nai é unha [[Historiador|historiadora]] de renome de orixe [[País Vasco - Euskal Herria|vasca]]. O seu irmán menor é [[piano|pianista]].
 
Estudou no colexio privado "Saint-Michel-des-Perrais", e no liceo Notre-Dame de Sainte-Croix en [[Le Mans]]; e en [[1972]] graduouse no [[Bacharelato]] de [[Filosofía]]. Logo continuou os seus estudos na '''Université du Maine ''' (Universidade de Maine), situada tamén en Lle Mans; obtendo alí unha [[Mestre (grao)|Mestría]] en [[Dereito Público]] en [[1976]]. Ao ano seguinte obtivo un '''D.E.A.''' (Diploma de Estudos Avanzados) en Dereito Público na '''Université René Descartes''' (tamén coñecida como '''Université Paris V''') de [[París]]; e outro D.E.A. en [[Ciencia política|Ciencias Políticas]] na '''Fundación Nacional de Ciencias Políticas'''.