Diferenzas entre revisións de «Caná»

sen resumo de edición
(Esta achega baséase na versión catalá da Wikipedia [ca:Canà])
 
Non se coñece a localización topográfica, xa que o evanxelista non a indica. Unha tradición que se remonta ao [[século XIII]] identifícaa coa vila de Kafr Kanna, sete quilómetros ao nordés de [[Nazaret]]; outros sitúana en Kenet al-Jalil (literalmente, en [[lingua árabe]], 'Caná de Galilea'), máis ao norte; en Aín Kana, máis achegada que as outras dúas localidades e máis probábel pola [[etimoloxía]] do nome; ou incluso en [[Qana]], ao sur do [[Líbano]].
 
De todos os xeitos, non está claro que a cidade existise realmente. Algúns historiadores e estudosos da Biblia{{cómpre referencia}} coidan que o Evanxeo de Xoán foi escrito para un público culto mais non necesariamente coñecedor da xeografía de [[Palestina]], os cales afirman que Caná podería ser tan só un nome cunha función [[teoloxía|teolóxica]] e simbólica, mais ca histórica.
 
[[Categoría:Novo Testamento]]