Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Historia: lig int
Liña 26:
Hai documentos que indican que este lugar debeu ser residencia dun xefe na [[Idade Media]]. A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido a diversas incursións, sufriron danos, ata que se reconstruíron no século XVII uníndoas por un corredor e converténdose deste xeito no pazo que é na actualidade.
 
Antigamente na horta deste pazo había un frondoso [[érbedo]] que viu como co paso dos anos se formaba nel, a pouca altura do chan, un asento. Dise que era o lugar predilecto de Rosalía, dende o que admiraba a fermosura da paisaxe e no que concibiu cantares e poesías de seu. Trala morte da súa nai en 1868, a poetisa galega, refuxiouse nas Torres de Lestrobe. En 1881 escribiu neste lugar ''Padrón y las inundaciones'' e pénsase que tamén deu vida ou retomou no pazo obras coma ''[[Follas novas]]'', ''El primer loco'', ''Costumbres Gallegas'', ''El Domingo de Ramos'' e ''Cartas a Murguía''.
Trala morte da súa nai en 1868, a poetisa galega, refuxiouse nas Torres de Lestrobe. En 1881 escribiu neste lugar ''Padrón y las inundaciones'' e pénsase que tamén deu vida ou retomou no pazo obras coma ''[[Follas novas]]'', ''El primer loco'', ''Costumbres Gallegas'', ''El Domingo de Ramos'' e ''Cartas a Murguía''.
 
Un dos propietarios deste pazo naquel entón, Gregorio Antonio de Hermida, estaba casado ca tía materna de Rosalía de Castro, sendo este o motivo polo que o matrimonio pasase longas tempadas en Lestrobe, convidados polospor curmáns[[José de la Hermida]], curmán de Rosalía. En Lestrobe nacen os xemelgos [[Ovidio Murguía Castro|Ovidio]] e Gala (Gala Blanca Eleonora), fillos do matrimonio, o 2 de xullo do 1871.
 
Foi tamén nas Torres de Lestrobe onde, por inspiración da [[Organización Republicana Gallega Autónoma]], o 26 de marzo de 1930, se celebrou o [[Pacto de Lestrobe]], no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas. [[José Vázquez Batalla]], dono do pazo ofreceu a súa casa para celebralocelebrar o comicio clandestino. Na reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñiancompuñan o espectro republicano, acordouse a creación da [[Federación Republicana Gallega]].
 
Unha anécdota que determina o entusiasmo republicano de Vázquez Batalla é que mentres se deliberaba, el serviu de vixía na torre do pazo para facilitalafacilitar a fuxida ós montes do Barbanza se eran sorprendidos.
 
No terceiro aniversario do pacto, xa en plena República volveron a reunirse case tódolostodos os asistentes, no mesmo lugar para ofrendar a Vázquez Batalla cun pergameo en conmemoración da data daquel acto. O pergameo, ca bandeira republicana, conservase no pazo de Hermida ao igual que a mesa onde se asinou o pacto.
 
== Notas ==