Pacto de Lestrobe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Celebrouse nas Torres de Lestrobe, por inspiración da [[Organización Republicana Gallega Autónoma]], o 26 de marzo de 1930, no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas.
 
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a [[Ditadura de Primo de Rivera|Ditadura]] caía, a [[Segunda República Española|República]] xa se albiscaba, e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer tódolos republicanos da rexión nun so feixe, con vistas a aceleralo proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos, e por iso, finalmente [[Jesús San Luís Romero]] acompañado por [[Constante Nogueira]] e [[Andrés Suárez]] tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano [[José Vázquez Batalla]] lles ofreceu a súa casa para celebralo comicio clandestino.
 
A reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñian o espectro republicano, tivo lugar o 26 de marzo de 1930. Nun primeiro plano estaba a [[ORGA]], os promotores do acto, e o [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] cos seus respectivos líderes á cabeza, [[Casares Quiroga]] e [[Gerardo Abad Conde|Abad Conde]]. Xunto a eles, o [[Partido Radical-Socialista]], o [[Partido Republicano Federal]], unha representación da sección galega da FUE e algúns republicanos a título persoal, así como varios sindicalistas ex-militantes da [[CNT]]. En total, máis de medio cento de asembleístas.
Liña 15:
Unha anécdota que determina o entusiasmo republicano de Vázquez Batalla é que mentres se deliberaba, el serviu de vixía na torre do pazo para facilitala fuxida ós montes do barbanza se eran sorprendidos.
 
No terceiro aniversario do pacto, xa en plena República volveron a reunirse case tódolos asistentes,no mesmo lugar para ofrendar a Vázquez Batalla cun pergameo en conmemoración da data daquel acto<ref name="test">[http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idEdicion=496&idMenu=324&idNoticia=158752 "El pacto de Lestrove: se cumplieron los setenta y siete años de una vieja ilusión"]. ''El Correo Gallego'' (24-4-2007), en castelán.</ref>.
 
==Participantes==