Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 36:
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a [[Ditadura de Primo de Rivera|Ditadura]] caía, a [[Segunda República Española|República]] xa se albiscaba, e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer tódolos republicanos da rexión nun so feixe, con vistas a aceleralo proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos, e por iso, finalmente [[Jesús San Luís Romero]] acompañado por [[Constante Nogueira]] e [[Andrés Suárez]] tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano [[José Vázquez Batalla]] lles ofreceu a súa casa para celebralo comicio clandestino.
 
A reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñian o espectro republicano, tivo lugar o 26 de marzo de 1930. Nun primeiro plano estaba a [[ORGA]], os promotores do acto, e o [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] cos seus respectivos líderes á cabeza, [[Casares Quiroga]] e [[Gerardo Abad Conde|Abad Conde]]. Xunto a eles, o [[Partido Radical-Socialista]], o [[Partido Republicano Federal]], unha representación da sección galega da FUE e algúns republicanos a título persoal, así como varios sindicalistas ex-militantes da [[CNT]]. En total, máis de medio cento de asembleístas.
 
Tralos debates de rigor, os asistentes acordaron a creación da [[Federación Republicana Gallega]] co obxectivo da implantación do réxime republicano democrático en España e loitar pola autonomía de Galicia. A Federación Republicana Galega, recen creada, enviou a Santiago Casares Quiroga como delegado ó [[pacto de San Sebastián]].