Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 16:
A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido ás diversas incursións sufriron danos ata que se reconstruíron no século XVII uníndoas por un corredor e converténdose deste xeito nun pazo. Na parte superior estaban as cociñas, os cuartos, a biblioteca e dende alí accedíase ó terreo por unha fermosa solaina que aínda hoxe existe. Debaixo estaban o lagar, as cortes dos cabalos e a capela. Accedíase ó primeiro andar por un patín que estaba na fachada principal. Tamén se conserva un patio interior, denominado patio de armas, onde nunha parede se esculpiu o escudo brasonado.
 
Os encargados de levar a cabo esta obra foron os mariñeiros da bisbarra coa axuda dun construtor. A cociña garda certa similitude na súa construción cas pallozas dos Ancares, de forma redonda e cun ángulo semellante (especulase con que o construtor poida ser o responsable de ámbalas dúas obras debido a estas similitudes). Os materiais empregados para facela obra son a pedra, o barro e as cunchas da ría. O pazo está cuberto de tella na actualidade.
 
Este pazo atopábase deshabitado e case arruinado na década dos noventa do [[século XX]]. No presente está dedicado coma casa de turismo rural.