Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 24:
Foi neste casal dos Hermida onde o historiador de Galicia [[Manuel Murguía]], esposo da poetisa [[Rosalía de Castro]], constatou a existencia de fragmentos de ladrillo romanos, tellas e pedras que constituían o xacemento dun castro.
 
Hai documentos que indican que este lugar debeu ser residencia dun xefe na [[Idade Media]]. A construción orixinal eran dúas torres defensivas pero debido a diversas incursións, sufriron danos, ata que se reconstruíron no [[século XVII]] uníndoas por un corredor e converténdose deste xeito no pazo que é na actualidade.
 
Antigamente na horta deste pazo había un frondoso [[érbedo]] que viu como co paso dos anos se formaba nel, a pouca altura do chan, un asento. Dise que era o lugar predilecto de Rosalía, dende o que admiraba a fermosura da paisaxe e no que concibiu cantares e poesías de seu.