Pazo de Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 29:
Trala morte da súa nai en 1868, a poetisa galega, refuxiouse nas Torres de Lestrobe. En 1881 escribiu neste lugar ''Padrón y las inundaciones'' e pénsase que tamén deu vida ou retomou no pazo obras coma ''[[Follas novas]]'', ''El primer loco'', ''Costumbres Gallegas'', ''El Domingo de Ramos'' e ''Cartas a Murguía''.
 
Un dos propietarios deste pazo naquel entón, Gregorio Antonio de Hermida, estaba casado ca tía materna de Rosalía de Castro, sendo este o motivo polo que o matrimonio pasase longas tempadas en Lestrobe, convidados polos curmáns de Rosalía. En Lestrobe nacen os xemelgos [[Ovidio Murguía Castro|Ovidio]] e Gala (Gala Blanca Eleonora), fillos do matrimonio, o 2 de xullo do 1871.
 
Foi tamén nas Torres de Lestrobe onde, por inspiración da [[Organización Republicana Gallega Autónoma]], o 26 de marzo de 1930, se celebrou o [[Pacto de Lestrobe]], no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas.
 
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a Ditadura caía, a [[Segunda República Española|República]] xa se albiscaba, e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer tódolos republicanos da rexión nun so feixe, con vistas a aceleralo proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos, e por iso, finalmente [[Jesús San Luís Romero]] acompañado por [[Constante Nogueira]] e [[Andrés Suárez]] tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano [[José Vázquez Batalla]] lles ofreceu a súa casa para celebralo comicio clandestino.
 
A reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñian o espectro republicano, tivo lugar o 26 de marzo de 1930. Nun primeiro plano estaba a [[ORGA]], os promotores do acto, e o Partido Radical cos seus respectivos líderes á cabeza, [[Casares Quiroga]] e [[Gerardo Abad Conde|Abad Conde]]. Xunto a eles, o [[Partido Radical-Socialista]], o [[Partido Republicano Federal]], unha representación da sección galega da FUE e algúns republicanos a título persoal, así como varios sindicalistas ex-militantes da [[CNT]]. En total máis de medio cento de asembleístas.
Liña 41:
Unha anécdota que determina o entusiasmo republicano de Vázquez Batalla é que mentres se deliberaba, el serviu de vixía na torre do pazo para facilitala fuxida ós montes do barbanza se eran sorprendidos.
 
No terceiro aniversario do pacto , xa en plena República volveron a reunirse case tódolos asistentes,no mesmo lugar para ofrendar a Vázquez Batalla cun pergameo en conmemoración da data daquel acto.
 
== Notas ==