Arturo Souto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
En [[1923]] casa con Carmen Alabarce Casanova.
 
Fai o servizo militar en [[Vigo]] ([[1924]]) e realiza a súa primeira exposición individual en [[1925]], na Casa de Galicia de Madrid. Neste ano participa no [[Manifiesto de Los Ibéricos]], cun grupo de inconformistas co adocenado arte oficial da España da época, que non quere saber que existen [[Picasso]], [[Juan Gris]], [[Julio González Pellicer|Julio González]], [[Pablo Gargallo]] e outros. No grupo están autores como [[Alberto Sánchez]], [[Rafael Alberti]], [[Manuel Angeles Ortiz]], [[Francisco Bores]] ou o vigués [[José Frau]]. A exposición deste grupo, no [[Palacio del Retiro]], constitúe un grito e unha revolución.
 
A curta pensión paterna amplíaa Arturo Souto decorando porcelanas, e consigue diñeiro para a súa primeira viaxe a [[París]], en [[1926]], a onde volverá a viaxar en [[1931]], agora cunha bolsa da [[Deputación de Pontevedra]]. Entusiasmado coas novas correntes estéticas da capital francesa, traballa intensamente e interésase por [[Giorgio de Chirico]], que será unha gran influencia.