Simónides de Ceos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 4:
Aínda que foi chamado a [[Atenas]] cara ao ano [[-526]] pola corte do [[tirano]] [[Hiparco de Atenas|Hiparco]], logo marchou a [[Tesalia]] co seu sobriño, o tamén poeta e discípulo seu [[Baquílides]]. Alí relacionouse coa aristocracia gobernante, os escopadas e os alendas. Despois viaxou a [[Cranón]] e [[Farsalia]]. Volto a Atenas cantou as fazañas dos gregos na [[batalla de Maratón]], co que se fixo moi popular. Terminou a súa vida na corte do tirano de Siracusa [[Hierón I]]. Escribiu para diversos [[mecenas]] en gran variedade de metros e xéneros: [[epigrama]]s (principalmente [[epicedio]]s como o dos trescentos espartanos de [[Leónidas I]], e inscricións votivas), [[elexía]]s patrióticas e morais, [[peán]]s, [[hiporquema]]s, e obras de [[lírica coral]], como [[himno]]s, [[oda]]s, [[epinicio]]s, [[treno]]s e [[ditirambo]]s, pero soamente unha pequena parte da súa obra sobreviviu.
 
Si que se conservaron bastantes anécdotas sobre ao súaagarrado tacañeríaque era así como a noticia, transmitida por [[Marco Tulio Cicerón|Cicerón]] no seu ''De oratore'', de que foi un dos fundadores da [[mnemotecnia]], en concreto da técnica ou sistema da localización que permitía a un orador recordar longuísimos discursos compostos previamente por un [[logógrafo]], técnica que expón [[Quintiliano]], na súa famosa ''Institutio oratoria'', e que consistía en visualizar ou situar mentalmente nos distintos lugares dun templo coñecido polo expositor as distintas partes do discurso trazando un itinerario segundo a orde requirida. Ao parecer, no ano [[-500]] estaba nun banquete cando se ausentou brevemente, salvándose así de morrer esmagado polo derrube do teito; e foi o único en poder recoñecer os esnaquizados corpos de ditos comensais ao recordar os lugares onde estaban sentados. Tamén se adoita recordar bastante en [[poética]] a súa afirmación de que «a poesía é pintura que fala e a pintura poesía muda», o que se considera orixe do tópico [[Horacio|horaciano]] de ''[[ut pictura poesis]]''. Tamén é o autor dunha famosa definición de [[xustiza]], segundo a cal esta é "a obrigación de dar a cada un o que se lle debe".
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===