Diferenzas entre revisións de «Cultura castrexa»

m
(→‎Galería de imaxes: ligazón interna)
A práctica da caza foi escasa, estando documentada a caza de [[Porco bravo|porcos bravos]] e de [[cervo]]s. Así mesmo, practicaron o [[marisqueo]] (actividade característica dos castros costeiros, tendo unha grande importancia) e a [[pesca]], tanto á beira (con redes ou anzois) como desde embarcacións, como demostra o achado de dúas piraguas da época castrexa no [[río Limia]], preto de [[Lanheses]], feitas en madeira de [[carballo (árbore)|carballo]] (''Quercus robur'' L.) entre os séculos IV e II a.C.<ref>Francisco Alves e Eric Rieth, [http://portal.ipvc.pt/images/ipvc/ipvc/pdf/pirogas_completo_p.pdf As pirogas 4 e 5 do rio Lima], Centro Nacional de Arqueologia Náutica e Subaquática, Ministério da Cultura {{Pt}}.</ref>.
 
Existían a minaría (ouro, estaño, cobre, chumbo e ferro), a metalurxia e unha cerámica rexional, a [[cerámica castrexa]]. A ourivería[[ourivaría]] ten raíces na Idade do Bronce e foi recibindo influencias centroeuropeas e mediterráneas. As alfaias máis características son os torques, as braceiras e as [[arracada|arracadas]]. A escultura deuse máis ben na parte sur do territorio. De entre as armas destacan as espadas ou puñais "de antenas".
 
No que toca ao comercio, a nivel interior intercambiábanse metais, cerámica, mariscos e é posíbel que se utilizase (se damos creto a [[Estrabón]]) un certo tipo de moeda, consistente en pezas recortadas en [[prata]]. No apartado do comercio exterior, exportáronse metais ao sur da [[Península Ibérica]], importándose cerámicas de luxo, contas de vidro e outros obxectos de valor.
104.751

edicións