Arte bizantina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 33 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q211884
m ourivaría
Liña 6:
Os templos bizantinos tiñan planta centralizada cunha gran [[cúpula]] central como un trasunto arquitectónico da bóveda celeste, conservando en xeral a organización da [[basílica]] paleocristiá. O [[iconostasio]] separaba o [[presbiterio]] das naves, constituíndo un lugar específico para as imaxes. Usualmente utilizaba como material de construción o [[ladrillo]], como os romanos, pero acentuando a súa función decorativa, empregando frecuentemente o [[arco de medio punto]] e as cubertas abovedadas.
 
Os edificios no interior amosaban unha decoración suntuosa a base de mosaicos, esmaltes, ourivería[[ourivaría]], teas e un longo etcétera. Exteriormente predominaba a verticalidade e conxugación de rectas e curvas.
 
A [[escultura]] bizantina renovou as formas e os motivos decorativos. Pictograficamente a forma de [[Cristo]] seguiu o modelo sirio de melena longa e barba partida, representado frecuentemente como [[Pantocrátor]]. A [[Virxe María|Virxe]] tiña unha tipoloxía máis variada con formas como a [[kiriotissa]], [[hodigitria]], [[theotokos]], [[galactotrofusa]] e [[glycofilusa]] entre as máis frecuentes.