Armada Inglesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q145934
lig int
Liña 1:
[[Ficheiro:La Corunya rb000006.jpg|miniatura|320px|dereita|Mapa inglés de [[Santander]] e [[A Coruña]], c. 1589, a época da expedición Drake-Norris.]]
[[Ficheiro:NPG Drake.jpg|miniatura|320px|dereita|Sir Francis Drake (cara a 1581). Foi considerado como un [[pirata]] polas autoridades españolas, mentres que en Inglaterra valorárono como corsario e honrarono como heroe.]]
 
A '''Armada Inglesa ''' (tamén coñecida como a '''Contraarmada''') foi unha frota naval enviada á [[Península Ibérica]] pola raíña [[Isabel I de Inglaterra]] en [[1589]], durante a [[Guerra anglo-española de 1585-1604]]. Os anglosaxóns refírense a ela como '''English Armada''', '''Counter Armada''' ou '''Drake-Norris Expedition'''. O obxectivo da armada inglesa era aproveitar a vantaxe naval obtida tras a derrota da [[Armada Invencible|Grande e Felicísima Armada]] española o ano anterior ([[1588]]), pero constituíu un rotundo fracaso de dimensións comparables ao de dita ''Armada Invencible''. A expedición era mandada por Sir [[Francis Drake]] (almirante) e Sir [[John Norreys]] (xeneral), polo que tamén se coñece como a '''Expedición Drake-Norris de 1589'''.
 
Liña 6 ⟶ 7:
O obxectivo de Isabel I era aproveitar a debilidade temporal de España despois da derrota da Armada Invencible, e obrigar a [[Filipe II de España|Filipe II]] a aceptar os seus termos de paz. Isto pensábase conseguir queimando a frota española do [[Océano Atlántico|Atlántico]], desembarcando en [[Lisboa]] para causar unha revolta [[Portugal|portuguesa]] contra Filipe II, e finalmente establecendo unha base permanente nas [[Illas Azores]]. De conseguirse o terceiro obxectivo, tentaríase roubar os tesouros da [[flota de Indias]] na súa ruta a [[Cádiz]]. Ningún do tres obxectivos conseguiuse.
 
Do mesmo xeito que a súa predecesora española, a Armada Inglesa sufriu de exceso de optimismo, posiblemente influenciado polo exitoso [[Expedición de Drake de 1587|ataque a Cádiz de Drake]] en [[1587]]. Aínda así, o plan principal consistía en destruír a frota española do Atlántico, nas súas bases da [[A Coruña|Coruña]], [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]] e [[Santander]].
 
A expedición foi pagada por unha compañía con accións, cuxo capital era de 80.000 libras. Do capital, un cuarto pagouno a raíña, un oitavo o goberno [[Países Baixos|holandés]] e o resto varios nobres, mercadores e gremios. Diversas preocupacións loxísticas, unidas ao mal tempo, atrasaron a saída da frota. Outros problemas inclúen que os holandeses non proporcionaron os barcos de guerra que prometeran, que o atraso causou que se consumise un terzo das provisións, que só había 1.800 soldados veteranos fronte a 19.000 voluntarios, e que non levaban armas para cercar nin cabalaría. Isto expón dúbidas sobre as verdadeiras intencións da xente a cargo da expedición.