Riazor Blues: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
Os Riazor Blues fundáronse en 1987 nunha viaxe a [[Vigo]] para se enfrontar nun partido de fútbol o [[Deportivo de La Coruña|Deportivo]] co [[Real Club Celta de Vigo|Celta]]. Semella que nesta viaxe, un xornalista de ''[[La Voz de Galicia]]'' denominou ao grupo de persoas que se desprazaban en tren a ver este partido de liga de [[Segunda división española|Segunda División]] como Riazor Blues; de aí viría o nome do grupo que nese momento se estaba a formar. Por aquel entón o Deportivo estaba en Segunda División e o seu estadio carecía dun grupo forte de seareiros, para alén dalgunhas agrupacións pequenas como Barrio Sésamo.
 
Os Riazor Blues aparecen tipificados como grupo ultra no libro ''Radiografía dos grupos [[ultras]] en acontecementos deportivos'', publicado polo [[Ministerio do Interior de España|Ministerio del Interior]]. Segundo o informe, este grupo está formado por 1.000 simpatizantes, entre os que hai “un apreciable grupo de red skins”. A corrente principal do grupo é [[antifascismo|antifascista]], o que carrexou numerosos altercados con grupos ultras de ideoloxía de extrema dereita. Numerosos tamén foron os altercados cos seareiros do [[Celta de Vigo]] e do [[Sociedad Deportiva Compostela|Compostela]]. A peña conta con diferentes grupos denominados seccións, as máis destacables son: Beer FirmChoRBitos, Galiza,Mobsters USARCD, Los Suaves, eOld ArsenioFaces.
 
O membro do grupo Riazor Blues e dirixente da sección Los Suaves, Gabriel Rodríguez Pérez, foi responsabilizado do homicidio de Manuel Ríos,<ref>[http://www.lexureditorial.com/noticias/0602/08151343.htm "Un aficionado del Dépor declara que el acusado de la muerte de Manuel Ríos fue condenado por agredirle anteriormente"] nova en www.lexureditorial.com {{es}}.</ref> quen supostamente recriminara ao primeiro por unha malleira colectiva contra un afeccionado da [[Sociedad Deportiva Compostela|SD Compostela]]. Debido a este incidente e a posterior represión policial, a peña coruñesa decidiu autodisolverse,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/10/09/2057655.shtml "Riazor Blues anuncia su disolución por el trágico suceso de Santiago"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 9 de outubro de 2003.</ref> aínda que non moito tempo despois decidiu volver á actividade, cando o único acusado do asasinato de Manuel Ríos foi declarado inocente e absolto de tódolos cargos.<ref>[http://www.ideal.es/granada/pg060323/prensa/noticias/Deportes/200603/23/ALM-DEP-113.html "Absuelto el joven acusado de matar a un seguidor del Dépor"], artigo en ''Ideal de Granada'', 23 de marzo de 2006 {{es}}</ref>