Abrir o menú principal

Cambios

A indución de sinais refírese ás fervenzas de eventos de sinalización, durante os cales a célula ou os sinais dos tecidos se envían a outra célula ou tecido para influenciar o seu desenvolvemento.<ref name=Rudel/> Yamamoto e Jeffery<ref name=Yamamoto>Yamamoto Y and WR Jeffery; Central role for the lens in cave fish eye degeneration. Science 289 (5479), 631-633, 2000 Yamamoto, Y.; Jeffery, W. R. (2000). "Central Role for the Lens in Cave Fish Eye Degeneration". Science 289 (5479): 631–633. Bibcode:2000Sci...289..631Y. doi:10.1126/science.289.5479.631. PMID 10915628.</ref> investigaron o papel da lente na formación dos ollos dos peixes que habitan en covas e na superficie, que é un exemplo claro de indución.<ref name=Rudel/> Por medio de transplantes recíprocos, Yamamoto e Jeffery<ref name=Yamamoto/> atoparon que a vesícula da lente dos peixes de superficie pode inducir o desenvolvemento doutras partes do ollo tanto nos peixes moradores de covas coma de superficie, mentres que a vesícula da lente dos peixes de covas non pode facelo.<ref name=Rudel/>
 
Outro importante mecanismo entra dentro da categoría das [[división celular asimétrica|divisións celulares asimétricas]], divisións que dan lugar a células fillas con destinos de desenvolvemento distintos. As divisións celulares asimétricas poden ocorrer a causa de '''determinantes citoplasmáticos''' maternos expresados asimetricamente ou debido a sinalización.<ref name=Rudel/> No primeiro destes mecanismos, créanse células fillas distintas durante a [[citocinese]] debido a unha distribución desigual de moléculas reguladoras na célula parental; o citoplasma diferente que herda cada célula filla dá lugar a un patrón distinto de diferenciación en cada célula filla. Un exemplo ben estudado de formación de patrón por división celular asimétrica é o patrón do eixe corporal de ''[[Drosophila]]''. As moléculas de [[ARN]] son un importante tipo de sinal de control intracelular da diferenciación. A base xenética e molecular das divisións celulares asimétricas tamén se estudou nas [[algas verdes]] do xénero ''[[Volvox]]'', un sistema modelo para estudar como os [[organismo unicelular|organismos unicelulares]] poden evolucionar a organismos pluricelulares.<ref name=Rudel/> Na especie ''Volvox carteri'', as 16 células do hemisferio anterior dun embrión de 32 células divídense asimetricamente, producindo cada unha unha célula filla grande e outra pequena. O tamaño da célula ao final de todas as divisións celulares determina se esta se converterá nunha célula xerminal especializada ou nunha célula somática.<ref name=Rudel/><ref name=Kirk>Kirk MM, A Ransick, SE Mcrae, DL Kirk; The relationship between cell size and cell fate in ''Volvox carteri''. ''Journal of Cell Biology'' 123, 191-208, 1993 {{CiteKirk, M. M.; Ransick, A.; McRae, S. E.; Kirk, D. L. (1993). "The relationship between cell size and cell fate in Volvox carteri". Journal of Cell Biology 123 (1): 191–208. doi|:10.1083/jcb.123.1.191}}. PMC 2119814. PMID 8408198.</ref>
 
===Control epixenético da diferenciación celular===
174.764

edicións