Diferenciación celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
Cada tipo celular especializado dun organismo [[expresión xénica|expresa]] un subconxunto de todos os xenes do seu xenoma. Cada tipo celular defínese polo seu patrón particular de [[regulación da expresión xénica]]. A diferenciación celular é así unha transición da célula dun tipo a outro e implica un cambio desde un patrón de expresión xénica a outro. A diferenciación celular durante o desenvolvemento pode entenderse como o resultado dunha rede regulatoria de xenes. Un xene regulador e os seus módulos [[elemento regulador en cis|cis-regulatorios]] son nodos nesta rede regulatoria de xenes, que reciben sinais de entrada (''input'') e xeran sinais de saída (''output'') noutras partes da rede.<ref name=DeLeon>DeLeon SBT, EH Davidson; Gene regulation: Gene control network in development. '' Annual Review of Biophysics and Biomolecular Structure '' 36:191-212, 2007 {{Cite doi|10.1146/annurev.biophys.35.040405.102002}}</ref> O enfoque que fai a [[bioloxía de sistemas]] á bioloxía do desenvolvemento subliña a importancia de investigar o modo en que interaccionan os mecanismos de desenvolvemento para producir patróns predicibles ([[morfoxénese]]). Porén, propúxose recentemente unha visión alternativa, que está baseada na expresión xénica estocástica, na que a diferenciación celular é o resultado dun proceso de presión [[selección natural|selectiva]] darwiniana que ocorre entre as células. Neste marco, as redes de xenes e proteínas son o resultado de procesos celulares e non a súa causa. Ver: [http://www.scitopics.com/Cellular_Darwinism_stochastic_gene_expression_in_cell_differentiation_and_embryo_development.html darwinismo celular].
 
Xeralmente os procesos celulares conservados evolutivamente implicados nos mecanismos celulares que controlan estes cambios son só duns poucos tipos. Os principais tipos de procesos celulares que controlan a diferenciación celular son a [[sinalización celular]]. Moitas das moléculas sinalizadoras que transmiten información de célula a célula durante o control da diferenciaciónn celular denomínanse [[factor de crecemento|factores de crecemento]]. Aínda que os detalles das vías de [[transdución de sinais]] específicas varían, estas vías a miúdo comparten as seguintes etapas xerais. Un [[ligando]] producido por unha célula únese a un receptor no lado extracelular doutra célula, inducindo un cambio conformacional no receptor. A forma do dominio citoplasmático do receptor cambia, e o receptor adquire unha actividade encimática. O receptor despois cataliza reaccións que [[fosforilación|fosforilan]] outras proteínas, activándoas. Unha fervenza de reaccións de fosforilación activa finalmente un factor de transcrición dormente ou proteína [[citoesqueleto|citoesquelética]], contribuíndo así ao proceso de diferenciación na célula diana.<ref name=Gilbert>{{cite book |author=Knisely, Karen; Gilbert, Scott F. |title=Developmental Biology |publisher=Sinauer Associates |location=Sunderland, Mass |year=2009 |page=147 |isbn=0-87893-371-9 |edition=8th }}</ref> As células e os tecidos poden variar en competencia, é dicir, na súa capacidade de responderen a sinais externos.<ref name=Rudel>Rudel and Sommer; The evolution of developmental mechanisms. ''Developmental Biology'' 264, 15-37, 2003 {{CiteRudel, D.; Sommer, R. J. (2003). "The evolution of developmental mechanisms". Developmental Biology 264 (1): 15–37. doi|:10.1016/S0012-1606(03)00353-1}}. PMID 14623229.</ref>
 
A indución de sinais refírese ás fervenzas de eventos de sinalización, durante os cales a célula ou os sinais dos tecidos se envían a outra célula ou tecido para influenciar o seu desenvolvemento.<ref name=Rudel/> Yamamoto e Jeffery<ref name=Yamamoto>Yamamoto Y and WR Jeffery; Central role for the lens in cave fish eye degeneration. '' Science '' 289 (5479), 631-633, 2000 {{Cite doi|10.1126/science.289.5479.631}}</ref> investigaron o papel da lente na formación dos ollos dos peixes que habitan en covas e na superficie, que é un exemplo claro de indución.<ref name=Rudel/> Por medio de transplantes recíprocos, Yamamoto e Jeffery<ref name=Yamamoto/> atoparon que a vesícula da lente dos peixes de superficie pode inducir o desenvolvemento doutras partes do ollo tanto nos peixes moradores de covas coma de superficie, mentres que a vesícula da lente dos peixes de covas non pode facelo.<ref name=Rudel/>