Web semántica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q54837
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Na actualidade, a [[World Wide Web]] está baseada principalmente en documentos escritos en [[HTML]], unha linguaxe de marcas que serve para crear hipertexto en Internet. HTML é válido para adecuar o aspecto visual do documento e incluír obxectos multimedia no texto (imaxes, esquemas de diálogo, etc.). Pero dá poucas posibilidades para categorizar os elementos que configuran o texto máis aló das típicas funcións estruturais, como sucede con outras linguaxes de maquetación (tipo [[LaTeX]]).
 
HTML permite mediante unha ferramenta de visualización (como un [[navegador web]] ou un [[axente de usuario]]) mostrar por exemplo un catálogo de obxectos en venda. O código HTML deste catálogo pode explicitar aspectos como "o título do documento" é Ferretería Acme; pero non hai forma de precisar dentro do código HTML se o produto M270660 é unha "batería Acme", con un "prezo de venda ao público" de 200 ?, ou se é outro tipo de produto de consumo (é dicir, é unha batería eléctrica e non un instrumento musical, ou un pucheiro). O único que HTML permite é aliñar o prezo na mesma fila que o nome do produto. Non hai forma de indicar "isto é un catálogo", "batería Acme" é unha batería eléctrica, ou "200 EUR" é o prezo. Tampouco hai forma de relacionar ambos datos para describir un elemento específico en oposición a outros similares no mesmo catálogo.
 
A Web Semántica ocuparase de resolver estas deficiencias. Para iso dispón de tecnoloxías de descrición dos contidos, como [[RDF]] e [[OWL]], ademais de [[XML]], a linguaxe de marcas deseñado para describir os datos. Estas tecnoloxías combínanse para achegar descricións explícitas dos recursos da Web (xa sexan estes catálogos, formularios, mapas ou outro tipo de obxecto documental). Desta forma o contido queda desvelado, como os datos dunha base de datos accesibles por Web, ou as etiquetas inmersas no documento (normalmente en XHTML, ou directamente en XML, e as instrucións de visualización definidas nunha folla de estilos á parte). Estas etiquetas fan posible aos xestores de contidos interpretar os documentos e realizar procesos intelixentes de captura e tratamento de información..