Olga Novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 11:
|cónxuxe =
}}
 
'''Olga Novo''', nada en [[Vilarmao, Castroncelos, A Pobra do Brollón|Vilarmao]], [[A Pobra do Brollón]], o [[29 de xaneiro]] de [[1975]], é unha [[poeta]] e [[ensaio (literatura)|ensaísta]] galega.
 
Liña 19 ⟶ 18:
Como poeta, deuse a coñecer con tres poemarios: ''A teta sobre o sol'' ([[1996]]), ''Nós nus'' ([[1997]]) e ''A cousa vermella'' ([[2004]]). Tamén publicou un libro de arte compartido coa pintora [[Alexandra Domínguez]] e o poeta [[Xoán Abeleira]], titulado ''Magnalia'', e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (''[[Festa da Palabra Silenciada]]'', ''[[Dorna (revista)|Dorna]]'', ''[[Xistral]]'') e xornais (''[[El País]]'', ''[[ABC (xornal)|ABC]]'').
 
Formou parte dos comités de redacción das revistas ''[[Ólisbos]]'', ''[[Animal (revista)|Animal]]'' e ''[[Valdeleite]]'', e segue a facelo de ''[[Unión Libre]]'' desde a súa fundación.
 
Participou con estudos en congresos e revistas, onde analizou sobre todo as propostas conectadas co [[surrealismo]], pois escribiu sobre o escritor [[André Breton]], o cantautor [[Léo Ferré]] e o pintor [[Eugenio Granell]], e coa temática erótica, como reflicte o seu ensaio ''Tratado da pel'', publicado no monográfico ''Erotismos'' de ''[[Unión Libre]]'' ([[1999]]), por ela mesma coordinado. Ademais, interesouse por poetas en [[lingua portuguesa]], como [[Fernando Pessoa]] e o surrealista brasileiro [[Sérgio Lima]].