Diferenzas entre revisións de «Gregorio Ferro»

lig int
(lig int)
Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai. Trasladouse a [[Santiago de Compostela]] e ingresou como servinte ou "rapaz de sacristía", no [[mosteiro de San Martiño Pinario]], onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura. Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a [[Madrid]] con quince anos, e entrou na [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] da man de [[Antonio Mengs]]. Despois marchou a [[Roma]] a completar a súa formación e alí gaño varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en [[1781]] Académico de San Fernando grazas a un cadro do ''Martirio de San Sebastián''. En [[1788]] foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de [[Francisco Bayeu]], para pasar a ser o seu Director de Pintura en [[1791]] logo da renuncia de [[Francisco de Goya]]. En outubro de [[1804]] a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] o [[4 de novembro]]. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
 
Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en [[Madrid]] e [[Aranjuez, Madrid|Aranjuez]], incluíndo varios frescos no [[Palacio Real de Madrid|Palacio Real]] e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais de outras obras menores na zona de [[Rexión de Murcia|Murcia]], [[provincia de Cuenca]] e [[Galicia]] sobre todo.
 
==Véxase tamén==
133.974

edicións