Petróglifo de Bouza Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Dodro mediante HotCat
retiro contido ao artigo Dodro
Liña 49:
 
No mes de febreiro de 2011 un grupo de voluntarios, baixo a supervisión dos arqueólogos, limparon e acondicionaron a estación rupestre<ref name="proxecto">El Correo Gallego (31-1-2011) [http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?int1=374514&idMenu=324&idNoticia=635224 "Dodro pone en marcha un proyecto para revitalizar el entorno del petroglifo de Bouza Abadín"], en castelán.</ref><ref name="voluntarios">La Voz de Galicia ( 21-1-2011) [http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/01/21/0003_201101S21C11995.htm "Voluntarios de Dodro limpiarán el petroglifo de Bouza Abadín, en Imo"], en castelán.</ref>. Durante a limpeza saíron á luz tres novos gravados que non estaban aínda inventariados<ref name="non_inventariado">Xornalcerto (7-2-2011) [http://xornalcerto.blogspot.com.es/2011/02/dodro-limpeza-dos-petroglifos-de-bouza.html "Dodro: a limpeza dos petróglifos de Bouza-Abadín continúa o sábado 12 de febreiro e agárdanse novas sorpresas"], blog.</ref>.
 
== Xacementos arqueolóxicos en Dodro da Idade de Bronce e anteriores ==
Dende sempre se consideraron os petróglifos de Bouza Abadín como o xacemento arqueolóxico de máis antigüidade no concello, e como o máis antigo en probar o asentamento de persoas nesa zona, pero os petróglifos de Bouza Abadín son da Idade do Bronce (1500 -600 a.C.), e existen en Dodro xacementos arqueolóxicos do Megalitismo, o último período do Neolítico, de máis de 4000 anos, como son a Mámoa da Paradegua ou a Mámoa de Balouta, ademais de outras que existen no concello. Amais existen na zona restos arqueolóxicos da Idade de Cobre ou Calcolítico. Cabe dicir que moitos destes xacementos son moi pouco coñecidos, o que axudou a este erro<ref name="megalito">Refoxeiro (18-9-2009) [http://miradoirodarevoltinha.blogspot.com.es/2009/09/xacemento-arqueoloxico-mais-antigo-de.html "Xacemento arqueolóxico máis antigo de Dodro"], O miradoiro da Revoltiña, blog.</ref>.
 
Pero incluso da Idade do Bronce, na que se sitúan os petróglifos de Bouza Abadín, existen en Dodro outros restos arqueolóxicos<ref name="Restos_Arqueológicos">Guía de viajes y turismo por Galicia (2011-2013) [http://conocergalicia.com/provincias/la-coruna/sar/dodro/monumentos/ "Dodro. Restos Arqueológicos"], en castelán.</ref>, como son os petróglifos de:
 
* '''A Carga''' (Vigo, Dodro);
* '''A Pedra Redonda''' (Vigo, Dodro);
* '''Outeiro dos Corvos''' (Susavila, Dodro): Cazoletas;
* '''A Cabana''' (Masenlle, Laíño);
* '''Lomba das Pozas''' (Bustelo, San Xoán de Laíño): dúas rochas con gravuras de cazoletas e unha ferradura;
* '''Padronelo''' (Bexo, San Xoán de Laíño);
* '''Bouza Nova''' (A Igrexa, San Xoán de Laíño).
 
Durante a construción de vivendas unifamiliares apareceron tamén lascas de seixo e cerámica campanense e do Bronce Inicial, o que se denominou como o '''xacemento de San Xián de Laíño'''<ref name="onoso">O Noso Patrimonio [http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html Petróglifos de Galiza/Galicia I], blog</ref>.
 
== Notas ==