Guerra da Independencia española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
=== ''A Guerra de Guerrillas'' ===
Sen un exército co que combater ante os franceses, os españois inventan un sistema novo para loitar, ''Aa guerra de guerrillas'', como único modo de desgastar e estorbar aos franceses. Trátase de grupos de pouca xente, coñecedores do terreo que pisan, e que danan ao inimigo con rápidos golpes, para espallarse rapidamente e perderse polos montes. Grazas a estas tácticas, o dominio francés está soamente nas cidades. O propio Napoleón recoñece a inestabilidade cando, en contra da vontade do seu irmán (teórico rei de España), pon baixo goberno francés os territorios da marxe esquerda do [[Río Ebro|Ebro]], creando unha nova ''marca hispánica''.
 
Esta guerra de independencia terá importantes repercusións no esforzo de guerra de Napoleón. Un aparente paseo militar transformábase nunha situación na que centos de unidades, preciosas para loitar na campaña contra [[Rusia]], morrían nos ataques. A situación era en calquera caso, tan inestable, que calquera retirada de tropas podía producir un desastre de mortes súbitas, como o que ocorreu en xullo de [[1812]]. Nesta data o Duque de Wellington, á fronte dun exército angloportugués e dende [[Portugal]] derrota aos franceses, primeiro na [[Batalla de Ciudad Rodrigo]] e logo na [[Batalla de Arapiles]], expulsando aos franceses ao oeste e ameazando Madrid: José Bonaparte retírase a Valencia. Se ben os franceses contraatacan e o rei volve a Madrid en novembro, unha nova retirada de tropas por parte de Napoleón tras a derrota en [[Rusia]] e a comezos de [[1813]] permite as tropas aliadas expulsar a José Bonaparte de Madrid e derrotar aos franceses na [[Batalla de Vitoria]] e na [[Batalla de San Marcial]], ao tempo que Napoleón intenta protexer a fronteira até poder negociar con [[Fernando VII]] unha retirada. Nin os desexos dos españois, verdadeiros protagonistas da liberación, nin os intereses dos afrancesados que seguiran ao exilio a José, son tidos en conta nas negociacións.