Xénese: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "da:Første Mosebog" é un artigo bo; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Durer Adam and Eve.jpg|miniatura|150px200px|Adán e Eva de [[Dürer]].]]
[[Ficheiro:God2-Sistine Chapel.png|dereita|miniatura|250px|''A Creación de Adán'', de [[Michelangelo]]]]
[[Ficheiro:Noahs Ark.jpg|miniatura|dereita|270px|A Arca de Noé segundo Edward Hicks]]
[[Ficheiro:Abraham.jpg|miniatura|270px|Sacrificio de Isaac]]
[[Ficheiro:Isaac Blessing Jacob - Govert Flinck.jpg|miniatura|270px| [[Isaac]] dando a benzón para [[Xacob]]]]
[[Ficheiro:Bilińska_Joseph_sold_by_his_brothers.jpg|miniatura|dereita|270px|[[Xosé (fillo de Xacob)|Xosé]] vendido como escravo por seus irmáns.]]
O libro da '''Xénese''', (do [[lingua grega|grego]] Γένεσις, "nacemento, creación, orixe", en [[lingua hebrea|hebreo]] תּוֹלֵדוֹת, "xeración", que prefire como título בְּרֵאשִׁית, ''Bereshit'', "no principio"). É o primeiro libro da ''[[Torá]]'' ("A Lei"), e tamén o primeiro libro do ''[[Tanaj]]'', a [[biblia]] hebrea (coñecida polos [[cristián]]s como o [[Antigo Testamento]]). Fai parte dos primeiros cinco libros ([[Pentateuco]]), xunto con [[Éxodo]], [[Levítico]], [[Números]] e [[Deuteronomio]], cuxa autoría é, tradicionalmente, atribuída a [[Moisés]] .
{{ imaxe dupla | dereita | Ourense Catedral Holztür554.JPG | 100 | Ourense Catedral Holztür553.JPG | 100 | Tentación e expulsión de [[Adán e Eva]] do Paraíso, Catedral de Ourense. }}
 
Narra acontecementos, desde a creación do mundo, na perspectiva xudaica (o chamado "[[A creación segundo a Xénese|relato da Xénese]]"), pasando polos [[Patriarca]]s, ata á fixación deste pobo no [[Exipto]], despois da historia de [[Xosé do Exipto|Xosé]].
 
Liña 12 ⟶ 7:
 
== Estrutura ==
[[Ficheiro:God2-Sistine Chapel.png|dereita|miniatura|250px|''A Creación de Adán'', de [[Michelangelo]].]]
 
O libro pódese dividir en dúas partes: relatos etiolóxicos e relatos dos patriarcas.
 
=== Relatos etiolóxicos ===
 
Correspóndese cos 11 primeiros capítulos do libro, son os relatos de: a creación do mundo (cap. 1), a creación do home e da muller (cap. 2), o [[pecado orixinal]] (cap. 3), [[Caín]] e [[Abel]] (cap. 4), patriarcas antediluvianos (cap. 5), [[Noé]] e o diluvio (caps. 6 a 10), a [[Torre de Babel]] (cap. 11).
[[Ficheiro:Noahs Ark.jpg|miniatura|dereita|270pxesquerda|A Arca de Noé segundo Edward Hicks.]]
 
Etioloxía significa ''busca das causas''. Este é o obxectivo destes libros, tentar responder ao problema do mal ou, mellor dito, resolver a contradición entre a fe nun Deus criador dun mundo que é bo e a constatación de que no mundo existe o mal. En xeral, a resposta que dan estes relatos resúmese dicindo que o pecado do home é o que trae o mal ao mundo.
 
Liña 24 ⟶ 18:
 
=== Relatos dos patriarcas ===
[[Ficheiro:Abraham.jpg|miniatura|270pxesquerda|Sacrificio de Isaac]]
 
Ocupan o resto dos capítulos da Biblia. Os patriarcas son os "pais" do pobo de [[Israel]], xefes de clans nómades adicados á gandería que se moven por unha ampla zona que comprende os actuais [[Iraq]], [[Xordania]], [[Israel]] e que remata en [[Exipto]]. Os relatos que conforman esta parte son sobre: [[Abraám]], [[Lot]], [[Isaac]], Esaú e [[Xacob]], [[Xosé]].
[[Ficheiro:Isaac Blessing Jacob - Govert Flinck.jpg|miniatura|270px| [[Isaac]] dando a benzón para [[Xacob]].]]
 
Son relatos que teñen, polo menos, unha base histórica, sen desbotar o feito de que cos anos e a evolución que foron sufrindo os relatos orais que son a base dos escritos que coñecemos, a historia real estea deformada e magnificada.
 
Liña 53 ⟶ 47:
Os autores destas tres fontes tamén foron os responsables da forma actual do texto. Nun primeiro momento uníronse as tradicións iavista e elohísta. Posteriormente, os autores da tradición sacerdotal fixeron o seu engadido e, xuntando coas outras dúas tradicións, lle deron ao texto a forma que hoxe coñecemos.
 
Os autores, para ir creando o texto, utilizaron a xustaposición. Salvo en casos moi concretos, unha tradición uníase a outra, poñendo os materiais un a carón do outro ao longo dunha liña cronolóxica definida de antemán. Este método de construción do texto fai que en ocasións nos atopemos seguidas dúas versións dun mesmo relato. O exemplo máis famoso atopámolo na creación do mundo: hai un primeiro relato, o da creación do mundo en sete días, obra dos autores sacerdotais; a seguir dela empeza o relato iavista que pasa moi rápido pola criacióncreación do mundo para centrarse na creación do home e da muller.
 
Este sistema de traballo da lugar a un texto que pode resultar difícil para o lector, sobre todo o que se achega por primeira vez ao texto, ás veces o libro parece contradicirse, ou, noutros casos, cando rematou de explicar algo parece volver a empezar. Pero tamén ten dúas enormes vantaxes:
 
* En primeiro lugar conserva os distintos matices que aportan cada unha das fontes que conforman o libro. VoltandoVolvendo ao relato da creación, gracias á xustaposición podemos apreciar o estilo cadencioso e solemne do relato sacerdotal e o próximo e vital do iavista; o Deus señor universal que crea o mundo en sete días, e o Deus próximo, máis antropomórfico, que se preocupa porque Adán está só e lle fai unha compañeira.
 
* A segunda gran vantaxe e para os estudosos: lingüistas, literatos, historiadores. Que poden acceder, sen case atrancos, ás fontes orixinais do libro, o que facilita recorre-lo traballo de redacción coas distintas mans, as súas influencias...
 
== Estudos e discusións ==
[[Ficheiro:Bilińska_Joseph_sold_by_his_brothers.jpg|miniatura|dereita|270px|[[Xosé (fillo de Xacob)|Xosé]] vendido como escravo por seus irmáns.]]
 
Postúlase que Abraám naceu na cidade de "Ur dos caldeos", termo repetido algunhas veces. Porén, os [[caldeo]]s só xurdiron na rexión de [[Ur]], ao leste da Mesopotamia, por volta do século IX a.C., polo menos 1000 anos despois do tempo suposto para a historia de Abraám. A propia diferenza nos estilos literarios e as historias aparentemente desconexas da vida de Abraám pode ser un indicativo de que tales historias foron compiladas en diferentes momentos, ou por diferentes autores, a partir dunha tradición oral transmitida por moitas xeracións.
 
Algúns estudosos acreditan que as historias de Isaac, en varios momentos tan semellantes ás de Abraám, sexan un recurso estilístico observado noutros pontes do relato bíblico (a recorrencia da cidade de [[Belén]] relacionada ao nacemento de [[David, rei|David]] e [[Xesús]] para resaltar seu parentesco, por exemplo, aínda que Xesús nunca fose referido como belenense ou belemita, mais como nazareno), para realzar a ligazón entre os dous personaxes a través dos seus actos, fortalecendo a ligazón entre Israel, fillo de Isaac, e o patriarca Abraám.
 
A narrativa da historia de Xosé, que viña explicar a orixe das 12 [[Tribos de Israel]], pode ter sido compilada por cronistas de Israel, no período en que os reinos de Israel e [[Xudá]] estiveron divididos, durante o primeiro milenio antes de Cristo, pois toda a narrativa realza a importancia e a nobreza de Xosé (pai das medias tribos de [[Efraín]] e [[Manasés]], as tribos dominantes do Reino do Norte), en contrapartida coa indiferenza e a envexa de Xudá (a tribo predominante do Reino do Sur), reflectindo o rancor das tribos de Xosé e a tribo de Xudá naquel período. Ao final da narración, cando Xacob chega a [[Exipto]] e abenzoa* aos seus fillos, á tribo de Xudá prometéselle que había reinar sobre todas as outras, o que contradí a finalidade do resto da narración.
 
== Bibliografía ==
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
* A Biblia, ed. SEPT, 1ª ed., Vigo 1989
* SCHMIDT, Werner H.: ''Introducción al Antiguo Testamento'', ed. Sígueme, Salamanca 1983
* VON RAD, Gerhard: ''El libro del Génesis'', ed. Sígueme, Salamanca 1982
* CHAO REGO, Xosé: ''Introducción ao Xénesis'', ed. SEPT, col. Xeira Nova, Santiago 1973
=== Ligazóns externas ===
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.vatican.va/archive/bible/nova_vulgata/documents/nova-vulgata_vt_genesis_lt.html Xénese en latín, na Vulgata]
* [http://www.vatican.va/archive/ESL0506/__P1.HTM Versión en castelán]