Auschwitz-Birkenau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Desfíxose a edición 3150885 de Vivaelcelta (conversa)
Liña 43:
[[Ficheiro:Auschwitz-Work Set Free.jpg|dereita|miniatura|300px|Entrada de Auschwitz I: '''Arbeit macht frei''' ("o traballo liberta")]]
[[Ficheiro:Auschwitz I.jpg|miniatura|300px|Auschwitz I. Foto tirada no 2001.]]
Auschwitz I foi o centro administrativo de todo o complexo. Foi aberto o [[20 de maio]] de [[1940]], a partir de barracas de ladrillo do exército polaco. Os primeiros prisioneiros do campo foron 728 prisioneiros políticos polacos de [[Tarnów]]. Inicialmente, o campo foi utilizado para internar membros da resistencia e intelectuais poloneses, mais adiante levaron alí tamén prisioneiros de guerra da [[Unión Soviética]], prisioneiros comúns alemáns, elementos antisociais''anti-sociais'' e homosexuais. Do primeiro momento chegaron tamén prisioneiros xudeus. Xeralmente o campo albergaba entre trece e dezaseis mil prisioneiros, alcanzando a cantidade de vinte mil en [[1942]].
 
A entrada de Auschwitz I tiña (e aínda hoxe as ten) as palabras ''"Arbeit macht frei"'' (''o traballo liberta''). Os prisioneiros do campo saían a traballar durante o día para as construcións do campo con música de marcha tocada por unha orquestra.
Liña 53:
En setembro de [[1941]], a SS realizaron no bloque 11 as probas do gas [[Zyklon B]] nas que morreron 850 prisioneiros polacos e rusos. As probas foron consideradas un éxitos e en consecuencia construíronse unha cámara de gas e un crematorio. Esta cámara de gas foi utilizada entre 1941 e [[1942]] para logo ser convertida nun refuxio anti-aéreo.
 
A primeira muller chegou ao campo o [[26 de marzo]] de 1942. Entre abril de [[1943]] e maio de [[1944]] se levaron a cabo experimentos de esterilización sobre mulleres xudías no bloque 10 de Auschwitz I. O obxectivo era o desenvolvemento dun método sinxelo que funcionase cunha simple inxección para ser utilizado coa poboación eslava. O doutor [[Josef Mengele]] eexperimentou con xemelgos neste mesmo complexo. Cando un prisioneiro non se recuperaba rapidamente, xeralmente era executado aplicándolle unha inxección letal de [[fenol]].
 
O campo bordel, creado no verán de 1943 por ordes de [[Heinrich Himmler|Himmler]], estaba localizado no bloque 24 e se utilizaba para premiar os prisioneiros privilexiados. Os gardas seleccionaban prisioneiras para este campo, mais tamén aceptaban ''voluntarias'' atraídas polas mellores condicións alimenticias.
 
=== Auschwitz II (Birkenau) ===
[[Ficheiro:Birkenau.jpg|miniatura|300px|esquerda|Campo de concentración de Auschwitz-Birkenau en 2001.]]
Auschwitz II (Birkenau) é o campo que a maior parte das persoas coñece como Auschwitz. Alí se encerraron centenas de millares de xudeus e alí tamén se executaron mais dun millón de xudeus e xitanos.
 
O campo está localizado en [[Brzezinka]] (Birkenau), a 3 km de Auschwitz I. A construción se iniciou en 1941 como parte da '''Endlösung der Judenfrage''' ([[solución final]]). O campo tiña unha extensión de 2,5 km por 2 km e estaba dividido en varias seccións, cada unha delas separadas en campos. Os campos, como todo o complexo enteiro estaban cercados e rodeados de arame farpados e cercas eléctricas (algúns prisioneiros utilizaron o cerco eléctrico para se suicidar). O campo albergou até 100.000 prisioneiros en momentos dados.
 
O obxectivo principal do campo, non era de manter prisioneiros como forza traballadora (como era o caso de Auschwitz I e III) senón o seu exterminio. Para cumprir con este obxectivo, equipouse o campo con catro crematorios con [[cámara de gas|cámaras de gas]]. Cada cámara de gas podía recibir até 2.500 prisioneiros por quenda. O exterminio a grande escala comezou na primavera de 1942.
 
 
[[Ficheiro:Zyklon B Container.jpg|miniatura|200px|Zyklon B]]
A maioría dos prisioneiros chegaba ao campo por tren, com frecuencia despois dunha terrible viaxe en vagóns de carga que duraba varios días. A partir de 1944 estendeuse a liña do tren para que chegase directamente ao campo. Algunhas veces, ao chegar o tren, os prisioneiros eran pasados directamente para as cámaras de gas. Noutras ocasións, os nazis seleccionaban algúns prisioneiros para supervisión de Josef Mengele, para ser enviados a campos de traballo, ou para realizar experimentos. Xeralmente os meniños, os anciáns e os doentes eran enviados directamente para as cámaras de gas.
 
Cando un prisioneiro pasaba a selección inicial, era enviado a pasar un período de corentena e logo lle atribuían unha tarefa ou era enviado a traballar nalgún dos campos de traballo anexos.
 
Aqueles que eran seleccionados para exterminación eran enviados a un dos grandes complexos de cámaras de gas/crematorio para os extremos do campo. Dous dos crematorios (Krema II e Krema III) tiñan instalacións subterráneas, unha sala para espir e unha cámara de gas con capacidade para millares de persoas. Para evitar o pánico, informábase ás vítimas que recibirían alí unha ducha e un tratamento desinfectante. A cámara de gas inclusive tiña tubulacións para duchas, aínda que nunca foron conectadas co servizo de auga. Ordenábase ás vítimas que se espisen e deixasen os seus enseres no vestiario, onde supostamente as poderían recuperar ao final do tratamento, de maneira que debían recordar o número da localización das súas pertenzas. Unha vez selada a entrada, descargábase o axente tóxico [[Zyklon B]] polas aberturas no teito. As cámaras de gas nos crematorios IV e V tiñan instalacións na superficie e o Zyklon B se introducía por xanelas especiais nas paredes. Logo, despois de mortos, os corpos eran levados a unha sala de fornos anexa por prisioneiros seleccionados, chamados ''[[Sonderkommando]]'', onde eran incinerados.
 
[[Alemaña]] invadiu [[Hungría]] en marzo de 1944; entre maio e xullo de 1944, preto de 438.000 xudeus da Hungría foron deportados para Auschwitz-Birkenau e a maioría foron executados alí. Había días nos que os fornos non daban abasto e se tiñan que queimar os corpos en fogueiras ao ar libre.
 
Famílias enteiras de xitanos foron encerrados nunha sección especial do campo. Foron pasados polas cámaras de gas en xullo de 1944, e o 10 de outubro dese ano se procedeu á exterminación dos nenos xitanos restantes en Birkenau.
 
O 7 de outubro de 1944, os ''[[Sonderkommando]]s'' xudeus, que eran mantidos afastados do restante dos prisioneiros e que traballaban na operación das cámaras de gas e fornos crematorios, organizaron un levantamento. As prisioneiras conseguiran extraer explosivos dunha fábrica de armas e os utilizaron para destruír parcialmente o crematorio IV e tratar de escapar na confusión. Os 250 prisioneiros foron capturados e inmediatamente executados.
[[Ficheiro:Auschwitz-2.jpg|miniatura|esquerda|200px|Visión de Auschwitz no inverno.]]
 
=== Auschwitz III e os campos subalternos ===
{{Artigo principal|Monowitz}}
Os campos subalternos de traballo instalados no complexo de Auschwitz estaban estreitamente relacionados coa industria alemá, principalmente nas áreas militar, metalúrxica e mineira. O maior campo de traballo era Auschwitz III Monowitz, que iniciou as súas operacións en maio de 1942. Este campo estaba asociado coa empresa [[IG Farben]] e producía combustibles líquidos e goma sintética. A intervalos regulares, facíanse revisións sanitarias por parte do ''persoal médico'' de Auschwitz II, a fin de enviar enfermos e febles ás cámaras de gas de Birkenau.
 
== Mulleres en Auschwitz ==
As primeiras prisioneiras así como as primeiras vixiantes chegaron ao campo en marzo de 1942 trasladadas do campo de [[Ravensbrück]] de Alemaña. O campo feminino foi mudado a Auschwitz-Birkenau en outubro de 1942, e María Mendel foi nomeada xefe da vixiancia. Preto dun total de 1.000 homes e 200 mulleres da SS serviron como supervisores en todo o complexo de Auschwitz.
 
<br style="clear:both;">
 
== O coñecemento dos aliados ==
Dende 1940, [[Witold Pilecki]], un soldado da Armia Krajowa (organización de resistencia polaca á ocupación nazi) foi voluntario para ser levado como prisioneiro a Auschwitz e obtivo unha considerable cantidade de información que foi levada a [[Varsovia]] e de alí a [[Londres]]. Por outra banda, os aliados tiñan información aérea detallada dos campos dende maio de 1944. Dous prisioneiros fuxidos (Rudolph Vrba e Alfred Wetzler) reuniran descricións precisas e mapas que chegaron aos aliados durante o verán de 1944. O [[13 de setembro]] de 1944, bombardeiros dos Estados Unidos atacaron a fábrica de Buna Werke asociada con Auschwitz III, destruíndoa parcialmente.
 
== Evacuación e liberación ==
As cámaras de gas de Birkenau foron destruídas polos nazis en novembro de 1944 coa intención de esconder as actividades do campo das tropas soviéticas. O 17 de xaneiro de [[1945]] os nazis iniciaron unha evacuación do campo. A maioría dos prisioneiros deberían partir para o oeste. Aqueles moi fracos para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros (ou 3.000 segundo outras fontes) pesando entre 23 e 35 kg, foron liberados polo [[Exército Vermello]] o [[27 de xaneiro]] de 1945.
 
== Algúns prisioneiros coñecidos ==
* [[Józef Cyrankiewicz]] - presidiu o goberno da [[Polonia]] entre [[1947]] e [[1952]], e entre [[1954]] e 1970. Foi tamén presidente entre [[1970]] e [[1972]].
* [[Anne Frank]] - foi internada en Auschwitz-Birkenau entre setembro e outubro de 1944. Logo foi trasladada ao [[Bergen-Belsen|campo de concentración de Bergen-Belsen]] onde morreu de febre tifoide.
* [[Maximillian Kolbe]] - foi prisioneiro en Auschwitz I facéndose voluntario para morrer de fame en lugar de outro prisioneiro e morreu en [[1941]].
* [[Witold Pilecki]] - soldado polaco do [[Armia Krajowa]], voluntario para "internarse" en Auschwitz. Organizou a resistencia e informou aos aliados do occidente sobre as atrocidades que alí ocorrían. Tomou parte do [[Revolta do Gueto de Varsovia|levantamento de Varsovia]]
* [[Edith Stein]] - católica de orixe xudía. Morreu nas cámaras de gas de Auschwitz II.
* [[Elie Wiesel]] - sobreviviu á súa reclusión en Auschwitz III Monowitz e escribiu sobre as súas experiencias.
* [[Wladyslaw Bartoszewski|Władysław Bartoszewski]] - Foi ministro polaco de Asuntos Exteriores entre 1995–2000.
* [[Imre Kertész]] - húngaro, [[Premio Nobel de Literatura]], permaneceu en Auschwitz II por tres días no verán de 1944 após o que foi considerado apto para o traballo corporal e foi transferido para [[Buchenwald]].
* [[Primo Levi]] - escritor italiano, estivo preso durante dez meses en Auschwitz, onde tiña que traballar na fábrica Buna-Werke. Foi liberado polo Exército Vermello e máis tarde escribiu sobre as súas experiencias.
* [[Vladek Spiegelman]] - pai do debuxante [[Art Spiegelman]], autor da novela gráfica ''[[Maus (novela gráfica)|Maus]]'', onde escribe sobre a historia da súa familia.
* [[Simone Veil]] - avogada e política francesa.
* [[Jean Améry]] - escritor austríaco.
* [[Hans Krása]] - compositor checo, pereceu en Auschwitz.
* [[Felix Nussbaum]] - asasinado en Auschwitz en agosto de 1944 coa súa esposa [[Felka Platek]].
 
== Criminais de guerra ==
 
Preto de 6.500 membros das [[SS]] serviron en [[Auschwitz]] realizando pequenas ou grandes tarefas co obxectivo de lograr a solución final ao problema xudeu. A maioría deles sobreviviron á guerra. Coas primeiras prisioneiras, chegaron tamén as primeiras vixiantes ao campo en marzo de 1942 trasladadas desde o campo de Ravensbruck en Alemaña. O campo feminino foi mudado a Auschwitz-Birkenau en outubro de 1942, e María Mendel foi nomeada xefa de vixilancia. Preto dun total de 1.000 homes e 200 mulleres das SS serviron como supervisores de vixilancia en todo o complexo de Auschwitz. De entre todos os funcionarios, soamente 750 foron levados a xuízo, case todos en relación con crimes contra a poboación polaca.
 
== Negacionismo ==
 
[[Ficheiro:Auschwitzruins.jpg|miniatura|centro|500px|Ruínas de Auschwitz. Fai parte do patrimonio da humanidade.]]
Dende a fin da [[Segunda Guerra Mundial]] houbo intentos por negar o propósito dos campos de exterminio ou a súa magnitude. Afirmouse que sería imposible queimar un tal número de corpos ou que as instalacións que poden ser visitadas na actualidade foron ''reconstruídas'' logo da guerra para que estivesen en concordancia co que se contou sobre Auschwitz dende o final do conflito.
 
En 2005, Oskar Gröning, un ex-funcionario nazi, decidiu dar testemuño. Gröning foi membro das [[mocidades Hitlerianas]], de alí pasou a ser membro do partido nazi e máis tarde enrolouse nas Waffen SS á idade de 20 anos. Logo de dous anos de traballo administrativo para as SS, foi asignado a Auschwitz en 1942. Inicialmente Gröning cría que este era un campo de concentración normal, pero inmediatamente observou, como parte da súa inducción ao traballo do campo, a chegada dun primeiro convoi de prisioneiros, a selección por parte do ''persoal médico'' das SS, onde só o 20% dos recentemente chegados foi escollido para traballar nos campos. Os enfermos eran transportados por camilleiros que utilizaban os símbolos da [[Cruz Vermella]] para dar unha ilusión de normalidade. Logo acompañou ao grupo que levou aos non seleccionados para o traballo e aos enfermos até as cámaras de gas, disfrazadas como duchas e finalmente presenciou a queima dos corpos nos fornos crematorios e a organización dos bens para a súa posterior clasificación. Gröning solicitou ser transferido a unha unidade de combate, pero os seus servizos como persoal administrativo eran requiridos alí, de maneira que pasou preto de dous anos levando as contas dos bens recuperados das pertenzas dos prisioneiros, axudado polo abundante alcol dispoñible no campo. Ao final da guerra foi feito prisioneiro (estivo en cautiverio até 1948) pero omitiu mencionar o seu período en Auschwitz nos interrogatorios. Anos despois saíu a relucir o seu pasado, pero nunca se formularon cargos na súa contra.
 
== Notas ==
* Y. Gutman and M. Berenbaum, eds., ''Anatomy of the Auschwitz Death Camp'', Indiana University Press, 1994, ISBN 0-253-32684-2, reprinted in 1998, ISBN 0-253-20884-X
* Konstanty Piekarski, ''Escaping Hell: the Story of a Polish Underground Officer in Auschwitz and Buchenwald'', Dundurn Press Ltd., 1990. ISBN 1-55002-071-4.
* Jadwiga Bezwinska, Danuta Czech, ''Amidst a Nightmare of Crime: Manuscripts of Prisoners in Crematorium Squads Found at Auschwitz'', Fertig, Howard, Incorporated, 1992, ISBN 0-86527-404-5
* Jozef Garlinski, ''Fighting Auschwitz: The Resistance Movement in the Concentration Camp'', Fawcett, 1975, ISBN 0-449-22599-2, reprinted by Time Life Education, 1993, ISBN 0-8094-8925-2
* John Castle, ''The Password Is Courage '', Souvenir Press Ltd, 1954, ISBN B0000CIZDC, reprinted in 2001, ISBN 0-285-63587-5
* John Wiernicki, ''War in the Shadow of Auschwitz: Memoirs of a Polish Resistance Fighter and Survivor of the Death Camps'', Syracuse University Press, 2001, ISBN 0-8156-0722-9
* Tadeusz Debski, ''A Battlefield of Ideas: Nazi Concentration Camps and Their Polish Prisoners '', Columbia University Press 2002, ISBN 0-88033-478-9
* Inside the Concentration Camps, Praeger Paperbac, 1996, ISBN 0-275-95447-1
* Otto Friedrich, ''The Kingdom of Auschwitz : 1940-1945'', Perennial, 1994, ISBN 0-06-097640-3
* Antoni Jakubski, Organizacja Niemieckich Obozów Koncentracyjnych [ORGANIZATION OF GERMAN CONCENTRATION CAMPS], Niepodleglosc (Independence) vol. III/1948, Pilsudski’ Institute, NY 1948- pp. 173-217)
* Dziura-Dziurski, Major, ''Freedom Fighter'', Dewar, Portland, Australia 1983,
* Nyiszli, M.Dr., ''A Doctor's Eywitness Account'', Arcade, NY 1993,
* J. Ptakowski, ''Oświęcim bez cenzury i bez legend'', [Auschwitz without censorship and legends], NY 1985
* Kalendarium - Kalenndarz Wydarzen w KL Auschwitz, PMO, 1992
* Art Spiegelman, ''Maus: A Survivor's Tale'', Pantheon Books, Random House, Inc. NY 1973.
 
== Véxase tamén ==
* [[Holocausto]]
* [[Conferencia de Wannsee]]
* [[Gueto de Varsovia]]
 
== Ligazóns externas ==
{{Commons|Auschwitz-Birkenau}}
* [http://dossiers.publico.pt/dossier.asp?id=1383 Dossier do Xornal Público sobre Auschwitz]
* [http://www.morasha.com.br/conteudo/artigos/artigos_view.asp?a=488&p=0 Por que Auschwitz non foi bombardeada durante a guerra?]
* [http://www.morasha.com.br/conteudo/artigos/artigos_view.asp?a=220&p=0 Sobre Hans Münch] (médico nazi, amigo de [[Josef Mengele]], director do "Instituto de Hixiene" de Auschwitz)
* [http://whc.unesco.org/pg.cfm?cid=31&id_site=31 UNESCO – Património Mundial – Campo de Concentración de Auschwitz-Birkenau]
* [http://maps.google.com/maps?f=q&hl=en&q=50%C2%B0+1%27+26%22,+19%C2%B0+12%27+18%22&ll=50.023889,19.205&spn=0.026138,0.086517&t=k Localización de Auschwitz] e [http://maps.google.com/maps?f=q&hl=en&q=50%C2%B0+2%27+20%22,+19%C2%B0+10%27+30%22&ll=50.038895,19.175005&spn=0.02613,0.086517&t=k Birkenau] por [[Google Maps]].
 
[[Categoría:Campos de concentración nazis]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade|Auschwitz]]
 
{{Link FA|el}}
{{Link FA|pl}}
{{Link FA|pt}}