Lingua khmer: Diferenzas entre revisións
creo a partir da en.wiki |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 11 de maio de 2014 ás 12:23
A lingua khmer[2] (ភាសាខ្មែរ) ou lingua cambodjana é a lingua do pobo khmer e a lingua oficial de Cambodja. Con preto de 16 millóns de falantes, é a segunda lingua austroasiática máis falada (despois do vietnamita). O khmer está considerablemente influído polo sánscrito e o pali, especialmente nos rexistros lingüísticos reais e relixiosos, a través do hinduísmo e o budismo. É tamén a máis antiga lingua escrita da súa familia.[3] Á súa vez, a lingua khmer influíu e viuse influída polo tai, o lao, o vietnamita, o chinés e cham, debido fundamentalmente á proximidade xeográfica e a un contacto cultural continuado, orixinando un sprachbund no sueste asiático peninsular.[4]
Khmer ភាសាខ្មែរ | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [pʰiːəsaː kʰmaːe] | |
Falado en: | Camboxa Vietnam Tailandia | |
Total de falantes: | 16 millóns (2007)[1] | |
Familia: | Austroasiático Khmer | |
Escrita: | Alfabeto khmer (alfasilabario) Braille khmer | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | km
| |
ISO 639-2: | khm
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua khmer é escrita cun alfasilabario coñecido como អក្សរខ្មែរ, "alfabeto khmer". O khmer difire de linguas veciñas como o tai, o birmano, o lao e o vietnamita en que non é unha lingua tonal.
Notas
- ↑ Nationalencyklopedin "Världens 100 största språk 2007" The World's 100 Largest Languages in 2007
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para khmer.
- ↑ David A. Smyth, Judith Margaret Jacob (1993). Cambodian Linguistics, Literature and History: Collected Articles. Routledge (UK). ISBN 978-0-7286-0218-2.
- ↑ Enfield, N.J. (2005). Areal Linguistics and Mainland Southeast Asia