Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q617793
Liña 42:
 
Ao mesmo tempo a escultura pasou a ser usada para outras finalidades, como a simple decoración e o rexistro histórico de eventos importantes. Nesta época estaban sendo construídos grandes templos, como o [[Partenón]], que precisaba de elementos decorativos para o van triangular do [[frontón]] e os [[friso]]s. Esta necesidade, debido ás súas dificultades técnicas e estéticas de execución, foi un estímulo á creatividade dos escultores, producíndose a aparición de innovacións formais. No campo da escultura funeraria abandónase o carácter impersoal e son retratados grupos familiares, ben como individuos asolados en actitude de [[loito]] ou en despedida de parentes falecidos.
[[Ficheiro:Aphrodite Braschi Glyptothek Munich 258.jpg|miniatura|esquerda|110px|Copia de Praxiteles: ''Afrodita Braschi'', c. 345 a.C., Gliptoteca de Múnic]]
[[Ficheiro:Belvedere Apollo Pio-Clementino Inv1015.jpg|miniatura|esquerda|110px|Leocarés: ''Apolo Belvedere'', c. 350-325 a.C.]]
Tamén comezan a ser rexistradas as actividades de artistas que formarían importantes escolas e establecerían novos patróns. Os primeiros notables, vencendo definitivamente a rixidez do período Arcaico, foron [[Mirón (escultor)|Mirón]], autor de obras primas como o [[Discóbolo]], onde as tensións do movemento son exploradas con mestría e realismo, e [[Kálamis]], autor do célebre ''Apolo do Onfalo'', que sobreviviu grazas ás súas copias romanas.