Odontoblasto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Odontoblast miguelferig.png|miniatura|dereita|Esquema dun odontoblasto de incisivo de rata.]]
 
Nos [[vertebrado]]s denomínanse '''odontoblastos''' as células orixinadas na [[crista neural]] embrionaria que forman parte da superficie externa da pulpapolpa dental, e que teñen como misión a formación da [[dentina]] do dente ou [[dentinoxénese]], que está debaixo do [[Esmalte dentario|esmalte]]. Os odontoblastos son grandes células columnares dispostas nunha capa [[epitelio]]ide ao longo do límite entre a dentina e a pulpapolpa, que chega ata o ápice da raíz dental.
 
Os dentes da [[rádula]] dos [[molusco]]s tamén se orixinan por células denominadas "odontoblastos", aínda que non teñen as mesmas características.
Liña 9:
== Características histolóxicas ==
 
Os fibroblastos presentan variacións morfolóxicas. Son células columnares altas na coroa do dente e de tipo columnar baixo na metade da raíz. Na porción radicular do [[dente]], os odontoblastos son máis curtos e máis ou menos cuboidais. Cara ao ápice son máis aplanados e parecen [[fibroblasto]]s. Na rexión coronal da pulpapolpa, os odontoblastos son máis columnares, elaboran dentina primaria ou común con túbulos normais. Na zona media, o número de túbulos é menor e son menos regulares. Na rexión apical os odontoblastos están menos diferenciados e elaboran dentina menos tubular e máis amorfa.
 
En cortes tisulares a aparencia dos odontoblastos varía, dependendo, en parte, da fixación, tinguidura e do plano de corte.
 
Vistos con [[microscopio electrónico]] os odontoblastos son células cilíndricas altas de 3-4x8-10 [[micron]]s, coa base cara á pulpapolpa e o seu extremo apical puntiagudo e rodeado de predentina. No extremo apical teñen longas prolongacións delgadas (prolongacións odontoblásticas), que se continúan polos túbulos de dentina. O núcleo é basal e por riba del presentan un [[retículo endoplasmático]] rugoso moi desenvolvido e un gran [[aparato de Golgi]], do cal saen numerosas vesículas cheas de procoláxeno, que son liberadas no extremo apical da célula por [[exocitose]]. A [[secreción]] está claramente polarizada en dirección apical. <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 614-616. ISBN 84-7605-361-4.</ref>
 
==Orixe e secreción de dentina==
Os odontoblastos aparecen nos sitios onde vai ter lugar o desenvolvemento dos dentes ás 17–18 semanas de desenvolvemento embrionario no [[útero]] e permanecen ata a morte a non ser que sexan matados por unha infección bacteriana ou ataque químico, ou indirectamente por outros medios (por exemplo, ser aspirados en operacións [[odontoloxía|odontolóxicas]]). Os odontoblastos segregan a dentina durante toda a vida (é a dentina secundaria, formada unha vez que a formación do dente é completa), o cal é un xeito de compensar o desgaste natural do esmalte do dente.
 
Os odontoblastos segregan tamén dentina terciaria cando se irritan. A produción desta dentina terciaria débese a miúdo a ataques químicos, causados por substancias químicas que difunden a través da dentina e irritan aos odontoblastos, ou por difusión de metabolitos tóxicos bacterianos nos túbulos dentinais en casos de [[carie]]. Esta dentina terciaria denomínase [[dentina reactiva]] (formada como reacción ante un dano). É un intento de facer máis lento o progreso da carie para que non chegue á pulpapolpa. En caso de que unha infección se abra paso pola dentina ata chegar á pulpapolpa ou preto da pulpapolpa, ou no caso da morte dos odontoblastos debido a outro tipo de ataques (por exemplo, químicos ou físicos), as [[célula nai pulparpolpar|células nais pulparespolpares]] poden diferenciarse en células similares a odontoblastos, as cales segregan a outra forma de dentina terciaria, a [[dentina reparativa]], debaixo do lugar do ataque. Isto non só fai máis lento o progreso do ataque, senón que tamén impide a difusión das bacterias e dos seus metabolitos na pulpapolpa, reducindo a probabilidade de necrose parcial da pulpapolpa.
 
A distinción entre os dous tipos de dentina terciaria é importante, porque son secretadas por diferentes células e por diferentes razóns. A dentina reactiva segrégase a distintas velocidades, dependendo da velocidade con que progrese a carie no tecido de enriba. Histoloxicamente, é doadamente distinguible pola súa estrutura desordenada dos tubos, a súa secreción de local (que causa que faga protrusión na cavidade pulparpolpar) e o seu grao de mineralización algo menor do normal. O dente pode xeralmente salvarse pola simple reparación. A dentina reparativa segrégase cando a integridade do dente está moi comprometida. Os odontoblastos morren, forzando a [[diferenciación celular|diferenciación]] das células nais polpares en células similares a odontoblastos, que tratan de evitar a infección pulparpolpar.
 
==Mecanismo==
O abundante [[retículo endoplasmático]] e [[aparato de Golgi]] que teñen, especialmente durante a formación da dentina primaria, o que lles dá unha gran capacidade secretora (primeiramente de matriz coláxena para formar a predentina, despois de mineral para formar a dentina completa). Os odontoblastos segregan tamén a proteína [[reelina]] da [[matriz extracelular]] <ref name="pmid15464360">{{cite journal |author=Maurin JC, Couble ML, Didier-Bazes M, Brisson C, Magloire H, Bleicher F |title=Expression and localization of reelin in human odontoblasts |journal=[[Matrix biology : journal of the International Society for Matrix Biology]] |volume=23 |issue=5 |pages=277–85 |year=2004 |month=August |pmid=15464360 |doi=10.1016/j.matbio.2004.06.005 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0945-053X(04)00081-2}}</ref>. O seu núcleo sitúase lonxe da dentina, co seu aparato de Golgi e retículo endoplasmático sobre el en dirección á dentina, o que reflicte a súa secreción unidireccional. Na formación da dentina inicial o odontoblasto móvese en dirección á pulpapolpa, afastándose do límite primitivo entre o epitelio do esmalte interno e a unión dental papilar, formando detrás del unha prolongación celular chamada ''proceso odontoblástico''. A forma bicuda do proceso mantense con fibras do [[citoesqueleto]], principalmente [[filamentos intermedios]]. Unha fibra nerviosa A-delta pulparpolpar queda envolta na base deste proceso, ou atravesa un pequeno tramo do túbulo dentinal (máximo ~0,1 mm). O proceso crea e mineraliza a matriz na que esta inmerso, formando un túbulo de dentina ou túbulo dentinal. Nun dente completo, este proceso raramente se estende alén de 1/3 do grosor da dentina, o que fai que a teoría da transdución dos odontoblastos para explicar a sensibilidade dental sexa improbable.
 
As funcións do ''proceso odontoblástico'' son as seguintes: