Cigurat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m cigurat que é a forma correcta segundo o DRAG
m II
Liña 12:
Un exemplo de cigurat sólido e abranxente é o de [[Marduk]], ou [[Torre de Babel]], situado na antiga [[Babilonia]]. Non se conservan restos daquela poderosa estrutura, mais de acordo con achados [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] e fontes históricas, a torre colocábase sobreposta a sete camadas multicoloridas, en cuxo topo achábase un [[templo]] de proporcións singulares. Acerca dese templo, acredítase que fora pintado e preservado en cor [[anil]], combinando co cimo das camadas. Sábese que había tres escadas que levaban ao templo, e dise que dúas delas ascendian só ata a metade da altura do cigurat.
 
O nome [[Sumeria|sumerio]] para a estrutura era ''[[Etemenanki]]'', palabra que significa "A Fundación do [[Ceo]] e da [[Terra]]". Probabelmente construído baixo as ordes de [[Hamurabi]], averiguouse que o centro do cigurat de Marduk contiña restos doutros cigurats e estruturas máis antigas. O andar final consistía nun encaixamento de 15 metros de ladrillos reforzados construído polo [[monarca]] [[Nabucodonosor II]].
 
== Véxase tamén ==