Terremoto de Lisboa de 1755: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Jerez>Xerez
Sen resumo de edición
Liña 22:
En España produciu polo menos 1.275 mortos e abundantes danos. En [[Sevilla]] houbo nove vítimas, o 89 % das vivendas resultaron danadas e afectou ata á [[Giralda]]. O tsunami posterior afectou gravemente ás costas de [[provincia de Huelva|Huelva]] e [[provincia de Cádiz|Cádiz]]. En [[Ayamonte]] morreron 1.000 persoas; en [[Cádiz]] as ondas romperon as murallas, e o mar invadiu a cidade ata tres veces, ocasionando numerosas vítimas. [[Conil de la Frontera|Conil]] foi destruída, [[Sanlúcar de Barrameda]], [[El Puerto de Santa María]] e [[Xerez da Fronteira]] sufriron vítimas e desperfectos.
 
== Os efectos do terremoto en GalizaGalicia ==
En GalizaGalicia afectou ao retablo renacentista do altar maior da [[catedral de Lugo]], obra de [[Cornelius de Holanda]]. Tralo sismo, dividiuse en varios fragmentos, os dous maiores dos cales atópanse actualmente en ambos os extremos da nave de cruceiro.
 
Existe un completo estudo elaborado por investigadores da [[Universidade de Vigo]] e da [[Universidade Politécnica de Madrid]] sobre os efectos do sismo na daquela existente [[provincia de Tui]].<ref>[http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2291610 Amaré, M. P., Orche, E. e Puche O. (2005) ''Efectos del terremoto de Lisboa de 1 de noviembre de 1755 en la antigua provincia de Tuy (Galicia)'' Cuadernos Dieciochistas, nº6, páxs. 117-152]</ref> Nel sinálase que non houbo vítimas mortais entre a poboación e que os danos materiais foron escasos, agás nalgunhas localidades. O maremoto asociado provocou ondas na costa de ata 3 metros de altura, tamén con escasos efectos.