Cuarzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 26:
 
== Formación ==
 
O cuarzo fórmase primariamente durante a [[cristalización]] lenta dos [[magma]]s terminais moi ácidos, que son os que permanecen de forma residual cando, durante o ascenso, vanse segregando en rexións profundas os [[silicato]]s ferromagnésicos, de cor escura. Como resultado, o cuarzo é un dos minerais que caracterizan a composición das [[rochas ígneas|rochas magmáticas plutónicas]] que forman o zócolo ou baseamento dos continentes, especialmente o [[granito]]. O cuarzo é o último dos minerais en solidificarse durante a formación destas rocas, así que súa forma adáptase á dos cristais preexistentes, e as súas caras non reflicten a súa estrutura cristalina.
 
== Aspecto ==
 
O cuarzo no seu estado puro é un mineral incoloro e transparente. Pode presentarse en forma masiva, ocupando filóns entre as oquedades das rochas, recubrindo cun manto as superficies convexas ([[Drusa|drusas]]) ou cóncavas ([[Xeoda|xeodas]]). É frecuente que se presente na súa forma cristalina (tubulares hexagonais cunha pirámide no seu extremo) e que adopte, segundo o tipo de impurezas que conteña, todo tipo de coloracións. Ademais podemos clasificar o cuarzo, segundo o tamaño dos seus cristais: macrocristalino (se está formado por cristais grandes) ou criptocristalino (se está formado por microcristais imperceptibles para o ollo humano).
 
Liña 73 ⟶ 71:
 
* '''Xacinto de Compostela'''
:Ou tamén chamado '''hematoide'''. É de cor vermella opaca pola presenza de [[ferro]] en forma de óxidos. En [[España]] este mineral é típico de [[Comunidade Valenciana - Comunitat Valenciana|Valencia]].
 
== Propiedades ==
Liña 83 ⟶ 81:
 
=== Propiedades piezoeléctricas ===
 
O cuarzo coñécese polas súas propiedades [[Piezoelectricidade|piezoeléctricas]]: cando se comprime, prodúcese unha separación de cargas eléctricas que xera á súa vez unha [[Diferencia de potencial|diferencia de tensión]] e, de xeito recíproco, reacciona mecanicamente cando se somete a unha certa [[voltaxe]]. Este efecto convérteo nun elemento de gran utilidade para gran variedade de [[transdutor]]es, dende chisqueiros até [[altofalante]]s.
 
=== Comportamento resoante ===
 
Outra característica interesante dun cristal de cuarzo é a súa capacidade de presentar un comportamento [[resonancia|resoante]]. Do mesma xeito que un [[péndulo]] ou unha [[carriola]] oscila cunha [[frecuencia]] propia ao darlle impulso e deixalos moverse libremente, un cristal de cuarzo sometido a un estímulo [[electricidade|eléctrico]] pode continuar vibrando a unha certa frecuencia (dependente da propia natureza do cristal), até perder ese impulso inicial. Se se mantén o estímulo de forma periódica e sincronizada, teremos unha sinal a unha frecuencia extraordinariamente precisa, no que podería considerarse a contrapartida electrónica dun reloxio de péndulo. Esta aplicación é común en todo tipo de sistemas electrónicos como [[reloxo]]s, [[microprocesador]]es, e [[oscilador]]es.
 
Liña 94 ⟶ 90:
 
=== Propiedades abrasivas ===
 
Emprégase como [[abrasivo]], citándose como [[area silícea]], sendo o abrasivo máis usado polo seu baixo prezo, utilizándose para a fabricación de lixas, discos ou bloques e, principalmente, en sistemas de abrasión por medio chorro de aire a presión ([[chorro de area]]).
 
 
== Lugares onde se atopa ==
O cuarzo constitúe aproximadamente o 18% da codia da [[Terra]] e é polo tanto un mineral omnipresente en tódalas partes do mundo. Os xacementos de [[Brasil]] son explotados a nivel mundial, en especial os de cuarzo hialino das famosas [[Minas Xerais]] e os de amatistas e ágatas en [[Río Grande do Sul]].
 
O cuarzo constitúe aproximadamente o 18% da codia da [[Terra]] e é polo tanto un mineral omnipresente en tódalas partes do mundo. Os xacementos de [[Brasil]] son explotados a nivel mundial, en especial os de cuarzo hialino das famosas [[Minas Xerais]] e os de amatistas e ágatas en [[Río Grande do Sul]].
=== Produción mundial ===
{| {{prettytable}}