Disneyland Park: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na versión da Wikipedia en portugués [gl:Disneyland]
 
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
'''Disneyland Park''', orixinalmente '''Disneyland''' (en [[Lingua galega|galego]]:'''Disneylandia'''), é un dos [[Parque temático|parques temáticos]] localizados dentro do [[Disneyland Resort]], nos [[Estados Unidos]]. Inaugurado o 17 de xullo de 1955, foi o primeiro parque idealizado por [[Walt Disney]]. O seu slogan é ''"O mundo de onte, de mañá e da fantasía"'' (''The World of Yesterday, Tomorrow, and Fantasy'')
 
O parque temático custou, orixinalmente, 17 millóns de dólares e foi construído nun laranxal de aproximadamente 650 mil metros cadrados no distrito de [[Anaheim, California|Anaheim]], no [[Condado de Orange, California|Condado de Orange]], unha cidade a 40 quilómetros ao sueste dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]], en [[California]].<ref>{{citarcita web|url=http://www.justdisney.com/disneyland/history.html|titulotítulo=Disneyland's history|acessodata=01/05/2011}}</ref> Logo de ser inaugurado, o parque trouxo un lucro extraordinario. Disneylandia recibe actualmente (2010) máis de 14 millóns de visitantes por ano, que gastan un total de arredor de tres billóns de dólares.
 
Varios anos despois da inauguración de Disneyland, a [[The Walt Disney Company]] construiu grandes parques temáticos na [[Walt Disney World Resort|Florida]], [[Disneyland Paris|Francia]], [[Tokyo Disneyland|Xapón]] e [[Hong Kong Disneyland|Hong Kong]]. Desde a súa inauguración, o parque de Anaheim xa recibiu máis de 515 millóns de visitantes, incluíndo xefes de estado e membros da realeza europea.