Condado portucalense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
modifico
lig int
Liña 136:
Entre tanto, a ambición de [[Afonso VI de León e Castela]] reconstituíu novamente a unidade dos Estados paternos e, cando García morreu, despois de estar preso no [[castelo de Luna]], en plena montaña leonesa da [[Babia]], o [[21 de marzo]] de [[1090]], os territorios que posuíra pasaron ás mans de [[Raimundo de Borgoña]], casado coa infanta [[Urraca de León e Castela]].
 
Nesta altura, o empuxe das expedicións [[almorábides]] recomendaba a distribución dos poderes militares, para reforzar mellor o territorio: un mando na zona central, a cargo do propio rei Afonso VI; outro, non oficial, exercido por [[El Cid]] en [[Valencia, España|Valencia]], e o terceiro en occidente, entregado a Raimundo. Pero este último non conseguíu defender eficazmente a liña do [[río Texo|Texo]] —tendo xa perdido [[Lisboa]], que fora cedida aos [[Reino de León|leoneses]] polo rei da [[taifa]] de [[Badaxoz]], xuntamente con [[Santarém, Portugal|Santarém]], que estaba tamén a piques a caer nas mans dos almorábides— e esta sería unha das razóns que atribúen algúns historiadores modernos da decisión tomada por Afonso VI <ref>Moito se ten especulado a cerca das razóns que levaron a Afonso VI a incluír a Henrique de Borgoña nos seus plans: quizais por ser sobriño da falecida raíña Constanza de Borgoña (e máis poderoso, por tanto, que Raimundo de Borgoña, por pertencer á liñaxe dos duques e non dos condes de Borgoña); ademais, era tamén sobriño-neto de Santo Hugo de Cluny, o que introduce a hipótese de facer de Henrique un caudillo militar para favorecer os intereses da Orde de Cluny no territorio.</ref> de reforzar aínda máis a defensa militar occidental, dividindo en dúas a zona atribuída inicialmente a [[Raimundo de Borgoña|Raimundo]], e entregando a máis exposta a [[Henrique de Borgoña]].
 
O conde Henrique, apoiado polos intereses políticos [[Orde de Cluny|cluniacienses]], introduciuse ambiciosamente na política do reino, adquirindo gran poder na corte. Véndose na condición de subordinados ao rei, os condes ou gobernadores, a pesar de que tiñan amplos poderes [[administración pública|administrativos]], [[Xustiza|xudiciais]] e [[militar]]es, o seu pensamento orientábase, naturalmente, cara a adquirir unha completa autonomía cando as condicións foran propicias (no caso portugués, eran).