Margrave: Diferenzas entre revisións

título da nobreza xermánica equivalente a marqués
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de maio de 2014 ás 17:08

Margrave (feminino margravina)[1] é o nome que se lle dá en galego ao título nobiliario xermánico Markgraf (de Mark, fronteira, marca, e Graf, conde), equivalente ao título de marqués.

Mapa con todos os condados da Marca hispánica e Vasconia (que non formaba parte da marca).

A esposa dun margrave, ou na muller que ostenta o título, denominase margravina (en alemán, Markgräfin). Equivale a marquesa en Alemaña.

Un margrave tiña, orixinalmente, funcións de gobernador militar dunha marca carolinxia, como, por exemplo, a marca hispánica, é dicir, unha provincia ou territorio limítrofe no medievo.

Os margraves tiñan xurisdición sobre unha marca, cuxo territorio se denomiaba margraviato ou marquesado.

A medida que as provincias limítrofes adquirían importancia, facíanse máis grandes e poderosas que as interiores, conseguindo os margraves poder sobre os outros gobernantes do reino.

Notas

  1. margrave no dicionario da RAG.