Antonio Iglesias Vilarelle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chum (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Na súa mocidade compartiu instituto con [[Francisco Javier Sánchez Cantón|Sánchez Cantón]], Octavio Pintos e [[Antonio Blanco Porto|Blanco Porto]] e fixo parde dos [[Ultreya (organización)|Ultreias]]. A través da súa relación con [[Antón Losada Diéguez|Losada Diéguez]] axudou a pór os alicerces do [[Museo Provincial de Pontevedra|Museo de Pontevedra]] e tamén do [[Seminario de Estudos Galegos]].
 
Fundou con [[Antonio Blanco Porto]] a Sociedad Filarmónica de Pontevedra, da que foi secretario entre [[1923]] e [[1925]], e en [[1940]] converteuse en director da Coral Polifónica de Pontevedra, cargo que ocupou durante vintecatrovinte e catro anos. Tamén dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico e a canción popular.
 
Creou con [[Xesús Ferro Couselo]] a revista ''[[Logos (revista)|Logos]]'', boletín católico mensal do que foi director. Como mestre estivo a cargo da Sección de Pedagoxía e do Laboratorio de Psicotécnica do [[Seminario de Estudos Galegos]], e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Participou na fundación do [[Partido Galeguista de Pontevedra]] en 1931 e integrouse na [[Dereita Galeguista]] logo da escisión do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] en maio de 1935.